Eulen, a empresa da que é directiva a irmá de Feijóo, gañou contratos por 13 millóns desde o inicio da pandemia

Os principais contratos son para as consellerías de Medio Rural, Política Social, Sanidade e o ente Augas de Galicia. Fontes sanitarias denuncian que un ex xerente dunha área do Sergas foi destituído por opoñerse a unha contratación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/02/2022 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Eulen, a empresa da que Micaela Feijóo, a irmá do presidente da Xunta, é delegada para toda a zona noroeste, contratou servizos por valor de 13 millóns de euros coa Xunta de Galicia desde o inicio da pandemia da Covid.

Sede da empresa Eulen no polígono da Grela (A Coruña)
Sede da empresa Eulen no polígono da Grela (A Coruña) | Fonte: Google Maps.

Así, esta empresa que ten divisións de limpeza, mantemento, seguridade, medio ambiente, servizos auxiliares, sociosanitarios e traballo temporal, contratou con diversas consellerías e entidades dependentes do Goberno galego, especialmente, as de Medio Rural, Política Social, Sanidade e o ente Augas de Galicia. Precisamente, estes organismos suman case a totalidade dos contratos, con case 12 millóns de euros.

O contrato de máis volume asinado neste periodo é o da execución de actuacións ordinarias de conservación e mantemento integral, incluídas actividades adicionais de mellora non infraestrutural, do dominio público hidráulico das bacías de Galici. Un contato de 5.625.285,27 asinado co Ente Público Empresarial Augas de Galicia.

Tamén destacan os concurso de máis de 2,5 millóns de euros para o desenvolvemento da xestión dos puntos de encontro familiar de Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo coa Consellería de Política Social e o de 2,26 millóns para o servizo de retén de maquinaria pesada para a extinción de incendios forestais nos distritos forestais de Galicia durante os anos 2021 e 2022 COA Consellería do Medio Rural.

DENUNCIAN CESES POR POÑER EN DÚBIDA AS CONTRATACIÓNS

Micaela Feijóo saúda ao seu irmán tras a victoria electoral de 2009
Micaela Feijóo saúda ao seu irmán tras a victoria electoral de 2009

Segundo fontes consultadas por GC un dos contratos máis polémicos foron os asinados co Sergas. Precisamente, neste periodo hai un contrato para levar o Servicio de Vixilancia e Seguridade dos Hospitais Montecelo, Provincial e O Salnés, centros dependientes del Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés por valor de 1.573.280,04€.

"Un antigo xerente foi destituido, precisamente por contravir unha orde verbal dada por Feijóo, para a concesión dos servicios por parte de Eulen para un hospital galego, da rede sanitaria pública", indican fontes sanitarias. "E só por pedirlle a Feijóo que lle mandara por escrito a orde da concesión, o día seguinte destituirono, dicindo que perderan a confianza total que tiñan na xestión dos hospitais", critican.

OUTRAS CONTRATACIÓNS

Ademais, nestes case dous anos de pandemia, Eulén tamén contratou coa Cidade da Cultura, a Televisión de Galicia, a Fundación Deporte Galego, ademais de diversos concellos, como o de Castro de Rei ou O Porriño.

Estes son os contratos de Eulen dos que se teñen constancia neste periodo:

28-07-2021 Contratación do servizo de apoio técnico na producción de actividades culturais e otros eventos institucionais na Cidade da Cultura de Galicia(2021-014-SER-A). 217.532,71€ Fundación Cidade da Cultura Galicia

 

08-06-2021 Desenvolvemento da xestión do Punto de Encontro Famliar da Coruña que se adxudicará mediante un procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada (Expediente 62/2021) 400.130,28€ Consellería de Política Social

 

02-06-2021 Servicio de prevención y defensa contra incendios forestales anualidad 2021 39.801,00€ Concello de Castro de Rei

 

05-04-2021 1428/2021 Licitacion servizo de control de acceso e organización de protocolo Covid-19, nas actividades de carácter cultural organizadas pola Concellería de Cultura do Concello do Porriño. 35.300,05€ Concello de O Porriño

 

24-02-2021 AB-ASP1-21-007. Servicio de Vigilancia y Seguridad de los Hospitales Montecelo, Provincial y O Salnés, centros dependientes del Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés . 1.573.280,04€ Consellería de Sanidade - SERGAS

 

09-02-2021 CRT-2021-0004:Servizo de azafatas/os para os programas e eventos da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. 99.250,55€ Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

 

04-01-2021 Desenvolvemento da xestión dos puntos de encontro familiar de Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Expediente 07/2021 2.535.285,00€ Consellería de Política Social

 

15-12-2020 Servizo de execución de actuacións ordinarias de conservación e mantemento integral, incluídas actividades adicionais de mellora non infraestrutural, do dominio público hidráulico das bacías de Galici... 5.625.285,27€ Ente Público Empresarial Augas de Galicia

 

21-12-2020 Servizo de retén de maquinaria pesada para a extinción de incendios forestais nos distritos forestais de Galicia durante os anos 2021 e 2022 (Exp. 25/2020) 2.261.921,93€ Consellería do Medio Rural

 

794454 04-11-2020 Contratación dun servizo de atención e información pública na Cidade da Cultura de Galicia (2020-005-SER-A) 175.304,45€ Fundación Cidade da Cultura Galicia

19-08-2020 Subministración e instalación de cámaras termográficas de medicion de temperatura corporal -covid-19. Expediente Emerxencia 51.093,36€ Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

08-06-2020 Mantener operativa una brigada de 5 miembros para la prevención y defensa contra incendios forestales 39.801,00€ Concello de Castro de Rei

29-05-2020 Servizo de mantemento básico e limpeza do Complexo Deportivo de Monterrei (Pereiro de Aguiar, Ourense) para a campaña de verán 2020 65.569,14€ Fundación Deporte Galego

GRUPO EULEN

Na actualidade, o Grupo Eulen presume de ter máis de 82.000 persoas nas súas nóminas. A súa orixe remóntase á empresa Central de Limpezas El Sol, fundada en Bilbao, no ano 1962, polo leonés David Álvarez Diez, que desempeña actualmente o cargo de presidente fundador do Grupo Eulen. Ten negocios en España, Portugal, Estados Unidos, Chile, Colombia, Costa Rica, México, Panamá, Perú e República Dominicana.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta