Unión do sector audiovisual galego para potenciar o cinema e series en galego

CREA, AGPTI, AGAPI, APRADOGA e a Mesa presentan varias énmendas á Lei Xeral de Comunicacion Audiovisual para a defensa das producións audiovisuais en galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/02/2022 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

A normalización lingüísta ten que pasar si ou si polo sector audiovisual, un sector chave para a difusión da lingua. Por isto, dende o Grupo de Estudos Audiovisuais, a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización CREA, a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación (AGPTI), a Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), a asociación de profesionais da rama artística da dobraxe de Galicia (APRADOGA) a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) e a Mesa de Normalización Lingüística elaboraron unha proposta de emendas á Lei Xeral de Comunicación Audiovisual que preparou o goberno español.

Presentación da Iniciativa polo audiovisual en galego
Presentación da Iniciativa polo audiovisual en galego | Fonte: A Mesa

A proposta foi presentada na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. O acto foi presentado pola xornalista e cineasta Margarida Ledo, que foi acompañada por Marcos Maceira representando á Mesa, a profesora Soliña Barreira do Grupo de Estudos Audiovisuais e o representante do AGPTI. As emendas serán presentadas durante esta próxima semana no parlamento español

O sector audiovisual, chave na normalización

Marcos Maceira destacou que se marca o obxectivo destas emendas promover unha lei verdaderamente inclusiva e que responda ás normativas de diversidade de Europa. "O 24% das persoas menores de 2o anos din non saber falar galego e o 22% das escolas infantís exclúen o galego", dixo. Estes datos que especificou Marcos Maceira evidencian a necesidade dunha lei do audiovisual que promova as producións en galego.

"O sector audiovisual é un referente", comentou Maceira sobre a importancia da elaboración dunha lei que respecte a diversidade lingüística de forma efectiva. En Galicia, hai un acordo unánime coa "Iniciativa Xabarín" para promover a programación infantil na TVG, aínda que a programación de películas teña que mellorar como destacou o representante de AGPTI. Pola súa contra, como destacou o representante da Mesa, a lingua galega non ten representación na RTVE neste eido. 

EMENDAS

Esta lei, definida como una "oportunidade" para a normalización da lingua. Por iso, dende todos os sectores do individual cualifican de tímida á lei proposta polo gobeno de España. Estes son os principais obxectivos que debería cumprir a nova lei segundo esta iniciativa polo audiovisual galego.

Entre as enmendas; garantir e impulsar a dobraxe, lexendaxe, autodescricións, aplicacións e interfaces en galego,establecer un mínimo de cota de programación e catálogo en galego ou aumentar ao 20% da obriga de financiamento anticipado para a produción europea cunha cota para as producións nas linguas cooficiais. Tamén a descentralización dos centros de referencia para unha maior diversidade e garantir os dereitos de autor e a propiedade intelectual.

Os sectores presentes na Facultade de Ciencias da Comunicación destacan o apoio recibido en Galicia, xa que estas emendas son unha "demanda popular do conxunto da cidadanía", como destacou Margarida Ledo. Tamén teñen en conta a produción nas plataformas dixitais, dos 26 mil títulos, só 26 están en galego. As plataformas dixitais son o novo referente para os mozos e mozas do país, xusto o sector da poboación cos peores datos respecto ao uso do galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta