Deteñen na Coruña o autor de varios roubos con forza e danos en vehículos

O sospeitoso conseguiu subtraer os equipos de música de dous coches e outros aveños, para o que fracturou o cristal dos portelos.

Por E.P. | A CORUÑA | 04/02/2022 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional da Coruña detiveron a un veciño da cidade, de 44 anos de idade, como presunto autor de varios roubos con forza e danos en coches nun garaxe particular.

Os feitos ocorreron, segundo informaron fontes policiais, na noite do pasado 21 ao 22 de xullo, cando un home entrou nun garaxe particular de Agra do Orzán e causou danos en 6 vehículos estacionados no seu interior.

O sospeitoso conseguiu subtraer os equipos de música de dous coches e outros aveños, para o que fracturou o cristal dos portelos.

As pescudas policiais permitiron identificar ao presunto autor destes feitos, que foi localizado e detido o pasado mércores. A arrestado conta con antecedentes policiais por feitos similares.

Patrulla da Policía Nacional. POLICIA NACIONAL
Patrulla da Policía Nacional. POLICIA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta