Un home morre en Xinzo logo de caer parte da súa casa tras un incendio

O 112 Galicia recibiu a alerta do incendio ao fío das 1,00 horas a través dun particular.

Por E.P. | OURENSE | 05/02/2022 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

Un home perdeu a vida a pasada noite por mor dun incendio na casa que habitaba no lugar de Ganade, en Xinzo de Limia.

O home foi atopado falecido polos servizos de emerxencia que acudiron á vivenda para extinguir o lume, nunha habitación da casa, debaixo dos cascallos que caeron por mor dos efectos das chamas.

Segundo informa o 112 Galicia, trátase dunha casa de dous pisos. Ardeu a planta baixa por completo e chegou a afectar o piso superior. O home foi localizado morto no piso inferior.

O 112 Galicia recibiu a alerta do incendio ao fío das 1,00 horas a través dun particular.

Solicitou a intervención dos Bombeiros de Xinzo de Limia, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta