Temas: NOIA 061 112

Liberado un neno cunha perna atrapada nunha randeeira en Noia

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu ao fío das 18,00 horas da tarde no paseo marítimo. A central de emerxencias recibiu a alerta a través dos efectivos do propio GES.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2022 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

O GES de Noia, xunto cun membro de Protección Civil desta localidade, liberaron este domingo a un neno ao que lle quedou atrapada unha perna nunha randeeira.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu ao fío das 18,00 horas da tarde no paseo marítimo. A central de emerxencias recibiu a alerta a través dos efectivos do propio GES.

A partir de aí, o 112 avisou tamén á Policía Local, á Garda Civil e aos bombeiros de Boiro. Os servizos de emerxencias desprazados lograron liberar a perna do neno, que non necesitou asistencia médica.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112 | Fonte: EP.

Temas: NOIA 061 112
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta