A FEGAMP ofrece "toda a colaboración posible" logo do aviso de prealerta por seca

Así o transmitiron fontes da Fegamp que subliñaron que actúan seguindo as directrices dos organismos de conca, que son os que van marcando os distintos estadios da situación e, por extensión, as medidas que se deben aplicar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2022 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) trasladou, ante a declaración de prealerta de seca en 12 dos 19 sistemas de abastecemento da demarcación hidrográfica Galicia-Costa, que as entidades locais brindan "toda a colaboración posible" ao Executivo autonómico.

Así o transmitiron fontes da Fegamp consultadas por Europa Press, que subliñaron que actúan seguindo as directrices dos organismos de conca, que son os que van marcando os distintos estadios da situación e, por extensión, as medidas que se deben aplicar.

Ademais de anunciar a declaración da prealerta, aínda que subliñando que o abastecemento está garantido, Vázquez puxo o foco no papel dos municipios, a quen instou a reforzar a mensaxe de concienciación dun consumo de auga responsable e ha optimizar o intercambio de información. Así mesmo, o Goberno autonómico incidiu na importancia do control de fugas tanto no caso dos concellos como das comunidades de veciños.

DOCE SISTEMAS EN PREALERTA

En concreto, o Executivo autonómico decidiu declarar o estado de prealerta por seca nos sistemas de abastecemento do río Verdugo, ría de Vigo e ría de Baiona; Costa de Pontevedra, río Lérez e ría de Pontevedra; río Umia e ría de Arousa (marxe esquerda); e río Ulla e ría de Arousa (marxe dereita).

Tamén dá o mesmo paso nos sistemas de río Tambre e ría de Muros; río Xallas, Costa da Coruña e ría de Corcubión; río Castro; río Grande, ría de Camariñas e Costa da Coruña ata o río Anllóns; río Anllóns e Costa da Coruña ata o límite con Arteixo; río Mero, Arteixo e ría da Coruña; e río Mandeo e ría de Betanzos.

O presidente da Fegamp, Alberto Varela. EUROPA PRESS - Arquivo
O presidente da Fegamp, Alberto Varela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta