Seca en Galicia en pleno inverno: os encoros galegos están á metade da súa capacidade

A do Miño-Sil atópase no 53,5% e Galicia Costa no 61,8%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2022 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

A reserva hídrica española está ao 44,6% da súa capacidade total, cos encoros almacenando actualmente 25.042 hectómetros cúbicos (hm3) de auga. Deles, a do Miño-Sil atópase ao 53,5% e Galicia Costa ao 61,8%.

Segundo informou o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, na última semana a capacidade diminuíu en 88 hectómetros cúbicos (o 0,2% da capacidade total actual dos encoros).

Por ámbitos, a que maior capacidade presenta é Concas internas do País Vasco, ao 95,2%; e a que menos, a do Guadalquivir, ao 28,5%. Sinalan ademais que as precipitacións foron escasas na vertente Atlántica e moi escasas na vertente Mediterránea. A máxima produciuse en Bilbao-Bilbo con 14,1 mm (14,1 l/m3).

De volta en Galicia, os datos facilitados polo Miteco indican que na demarcación Miño-Sil, dos 3.030 hectómetros cúbicos de capacidade que posúe, hai embalsados 1.620 --cando o ano pasado eran 2.399--. No que respecta a Galicia Costa, dos seus 684 hectómetros cúbicos de capacidade, hai embalsados actualmente 423 --hai un ano eran 623--.

Reserva hídrica. MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA
Reserva hídrica. MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta