Así é o plan de impulso do patrimonio da montaña de Ourense

O obxectivo do proxecto europeo CRinMA é mellorar as políticas rexionais relacionadas coa protección e promoción do patrimonio cultural nas zonas de montaña.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/02/2022 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

O Inorde vén de organizar, no marco do proxecto "CrinMA 2.0: Recursos Culturales en Áreas de Montaña (Interreg Europa), unha mesa de debate online que baixo o título "Cultura - Pandemia - Turismo" reuniu a unha trintena de expertos de diferentes sectores, tanto públicos como privados, para analizar a influencia da pandemia no patrimonio cultural.

Emma González na xornada sobre a influencia da pandemia
Emma González na xornada sobre a influencia da pandemia | Fonte: Inorde

Este foro permitiu intercambiar solucións e prácticas ante a influencia da pandemia no patrimonio cultural. A xornada, inaugurada pola xerente do Inorde, Emma González, tivo de relatores ao director da área de Transparencia e Goberno Aberto, Fernando Suárez; a administradora delegada de Adere-Peneda Gerês, Sonia Almeida; a decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo, Montserrat Cruz; e a Guti Martín, de Sherpa Proyect S.L.U.

A xerente do Inorde ao comezo da xornada lembrou o obxectivo do proxecto europeo CRinMA, co que se pretende mellorar as políticas rexionais relacionadas coa protección e promoción do patrimonio cultural nas zonas de montaña.

Esta finalidade supón "a mellora dos Programas Transfronteirizos e dos Programas Operativos Rexionais, e tamén un pensamento máis complexo sobre o papel do patrimonio cultural nas áreas de montaña, que se traducirá en mellores políticas e programas no futuro", sinalou Emma González.

No caso de Ourense, o director da área de Transparencia e Goberno Aberto, Fernando Suárez expuso como exemplo de solución a dixitalización como factor de sustentabilidade turística a través do proxecto "Destino Turístico Intelixente" que está a implantar a Deputación de Ourense.

Dito plan abrangue 13 compoñentes e inclúe o deseño dun portal e unha aplicación web para dar visibilidade a todos os recursos turísticos da provincia, un sistema de cámaras para facilitar a observación deses recursos, comprobar as condicións meteorolóxicas ou mesmo controlar os niveis de afluencia de visitantes.

O turista tamén dará acceso á realidade aumentada, enriquecendo a súa experiencia antes, durante e despois da visita, ademais de facilitarlle recomendacións en base aos seus perfís para organizar rutas personalizadas.

Esta xornada forma parte dun proceso que continúa vixente ata a redacción dun informe de avaliación de boas prácticas e propostas que xurdan deste tipo de debates nos que se citan aos principais actores na xestión do patrimonio cultural. As suxestións poderán facerse chegar ao Inorde para ser analizadas e debatidas neste informe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta