Francisco Rodríguez presenta un libro sobre o Reino de Galicia, unha etapa "manipulada" da historia

A obra, de máis de 500 páxinas, reconstrúe o esplendor do reino medieval en contra da "manipulación ao servizo do castelanismo".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Francisco Rodríguez presenta novo libro. Trátase de Unha etapa estelar e conflitiva do reino de Galiza volume de máis de 500 páxinas na que o filólogo e político historicamente vencellado á UPG reconstrúe unha etapa medieval de "normalidade e esplendor do reino de Galiza".

Francisco Rodríguez en imaxe de arquivo
Francisco Rodríguez en imaxe de arquivo

O libro configúrase como a primeira parte dun conxunto maior e vén editado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) coa colaboración da Fundación Galiza Sempre. Ambas plataformas estarán representadas na presentación da obra, que terá lugar o vindeiro mércores ás 19 horas no Museo do Pobo Galego.

Seguno explican dende a fundación Galicia Sempre, a obra vén desenvolta "con vontade de deitar luz sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións que sobre ese período se teñen producido". O obxectivo deste tomo primeiro, pois, pasaría por "evidenciar a relevancia incuestionábel do reino de Galiza analizando, debatendo e tirando conclusións tanto desde a historiografía oficial e académica como desde as fontes documentais existentes".

Para tal fin, inciden, tomarase tamén en consideración a "importante, e desconsiderada, historiografía que se ten esforzado, xa desde o século XIX, por combater a manipulación que levou a ignorar a existencia relevante do reino de Galiza e a eliminarnos como realidade política específica na Península, favorecendo así a construción dunha visión histórica ao servizo do castelanismo, primeiro, e do españolismo, despois", explican.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta