A covid volve a niveis de principios de xaneiro tras baixar dos 50.000 casos activos

Galicia reduce contaxios diarios e mantén os hospitalizados en UCI por debaixo de 50.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2022 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

O número de persoas con Covid en Galicia volveu a reducirse nas últimas horas e sitúase en cifras de principios de xaneiro (cando a 'sexta onda' da pandemia estaba en pleno crecemento), con 49.376 casos activos, mentres que tamén baixaron os novos contaxios diarios.

Segundo os datos publicados este mércores pola Consellería de Sanidade, con información solicitada ata as 18,00 horas do martes, o número de infeccións activas reduciuse en 2.185 na última xornada, e baixou en todas as áreas sanitarias.

Así, a de Vigo ten 12.161 casos (731 menos), a da Coruña-Cee ten 10.790 enfermos con Covid (433 menos), a área de Santiago ten 8.895 casos (220 menos), na área de Pontevedra hai 5.287 enfermos (195 menos), na área de Lugo hai 5.107 infeccións (258 menos), na área de Ourense hai 4791 casos (242 menos) e na área de Ferrol hai 2.345 casos activos (106 menos).

Con respecto aos novos contaxios detectados, tamén se reduciron en toda Galicia, e este mércores confirmáronse 3.195 infeccións, fronte aos 4.043 contaxios novos notificados hai un día. Por áreas, en Vigo confirmáronse 737 novos contaxiados; na Coruña hai 713 casos novos; na área de Santiago son 600 os novos contaxios; na área de Lugo rexistráronse 358 positivos máis; na área de Ourense hai 329 contaxios novos; na área de Pontevedra hai 319 novos casos; e na área de Ferrol son 139 as novas infeccións.

PRESIÓN HOSPITALARIA

En canto á presión hospitalaria, Sanidade confirmou un leve repunte na ocupación da UCI, con 3 ingresados máis, de maneira que hai 48 pacientes con Covid en coidados críticos. Os enfermos en camas convencionais, por contra, baixaron de 656 a 646. Na área da Coruña está o maior número de enfermos graves, con 11 pacientes en UCI (sen cambios); na área de Lugo seguen 9 enfermos en coidados críticos; na área de Santiago hai 7 pacientes nestas unidades (un menos); nas áreas de Pontevedra e Vigo seguen 6 pacientes en UCI, os mesmos que en Ourense (onde subiron en 2); e na área de Ferrol hai 3 pacientes en UCI (2 máis).

FALECIDOS, CURADOS E PROBAS

O número de falecidos desde o inicio da pandemia superou xa os 3.000 en Galicia, con 3.008 decesos, ao confirmarse a morte doutros 21 enfermos con Covid nos últimos días. Trátase de persoas de entre 68 e 100 anos de idade, todos con patoloxías previas, segundo informou o Sergas.

Mentres, 406.714 persoas superaron a enfermidade, das que 5.359 recibiron o alta epidemiolóxica nas últimas horas. Así mesmo, realizáronse en Galicia máis de 3,6 millóns de probas PCR, e outros case 3 millóns de test de antíxenos e doutro tipo. O índice de positividade das probas PCR sitúase este mércores no 16,7 % (a OMS fixa no 5 % o límite para dar por controlada a pandemia).

Arquivo - Funcionamento da Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Álvaro Cunqueiro, Vigo, 22/01/21.. XUNTA DE GALICIA - Arquivo / Europa Press
Arquivo - Funcionamento da Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Álvaro Cunqueiro, Vigo, 22/01/21.. XUNTA DE GALICIA - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta