Un programa de bolsas para romper a barreira laboral da discapacidade

As universidades galegas ofrecen quince prazas ao seu alumnado con discapacidades recoñecidas para facilitar a súa integración no mundo da empresa.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Novas estratexias das universidades galega en prol da inclusión das persoas con diversidade funcional. As tres institucións da Comunidade ofrecen un total de 15 prazas de prácticas laborais para persoas con discapacidade dentro do programa de Bolsas Fundación ONCE- Crue Universidades Españolas, que pretende mellorar a carreira profesional dos universitarios con discapacidade facilitándolles o acceso a unha primeira experiencia laboral.

Empregado unha empresa con discapacidade
Empregado unha empresa con discapacidade | Fonte: ONCE

Das 15 prazas dispoñibles nas universidades galegas, 6 son para a Universidade de Vigo; 5 para a de Santiago de Compostela, e 4 para a da Coruña. O período das prácticas será de tres meses, ampliable a seis a pedimento da empresa, e poderá desenvolverse en grandes compañías, pemes,  microempresas, entidades da Economía Social e do terceiro sector, así como noutras institucións e entidades públicas ou privadas. Cada unha das bolsas, detallan dende a ONCE, conta cunha asignación total de 1.800 euros.

Posto que a sexta convocatoria do Programa se desenvolverá durante o curso académico 2021/2022, o período de prácticas poderá comezar a partir do día seguinte á resolución de aprobación das persoas bolseiras e ata o 31 de decembro de 2022.  Asimesmo, as mesmas fontes indican que se poderán beneficiar deste programa de prácticas en empresas os alumnos universitarios que teñan unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33% e estean matriculados en grao ou máster (oficial ou propio) nalgunha universidade española ou centro adscrito.

Igualmente, adiantan que serán prioridade aqueles estudantes de último curso que superasen máis do 50% dos créditos de grao e/ou master do correspondente título universitario sen gozar aínda de prácticas académicas, segundo criterio da propia universidade ou centro adscrito a ela.Para participar na convocatoria, os estudantes deberán inscribirse a través da páxina web que Fundación ONCE ten habilitada aos devanditos efectos ata o próximo 28 de febreiro de 2022

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta