Como actuar cando un bebé chora inconsolablemente durante un longo período de tempo?

Algúns consellos sobre como identificar e tratar os "cólicos de lactante", unha causa de preocupación para os pais primeirizos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/02/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Tras case dous anos convinvindo coa Covid, as visitas pediátricas (e sobre todo as visitas a urxencias) reducíronse. Así o traslandan dende DosFarma, a farmacia en liña española líder no mercado, que concretan que as consultas pediátricas baixaron un 50% e as urxencias un 65%. "Máis de dous terzos das visitas ao hospital non son urxentes e pódense evitar, pero normalmente os pais primerizos preocúpanse con calquera choro do bebé e ante a dúbida van a urxencias", sinalan.

Iker, o primeiro bebé galego do 2022. SERGAS
Iker, o primeiro bebé galego do 2022. SERGAS

E entre o que máis asusta aos pais están os choros inconsolables dos recentemente nados, normalmente debidos a necesidades "normais" como fame, frío, soño ou que toca cambio de cueiro. Tamén debido aos denominados "cólicos de lactante", pero só o 5% dos choros se deben a enfermidades. O cólico do lactante é un episodio de pranto inconsolable que se inicia subitamente e que se dá en menores de catro meses. Normalmente é vivido polos pais con gran angustia e desolación e cumpre a "regra do tres": os episodios ocorren durante máis de 3 horas ao día, polo menos tres días á semana e durante tres semanas. Pero, ademais desta regra, os expertos de DosFarma dan unha serie de consellos para saber identificalos.

Estes cólicos duran longos períodos de tempo (e acontecen normalmente á mesma hora, entre as 6 da tarde e as 12 da noite), aparentemente o bebé non mostra ningún síntoma de enfermidade pero si semella irritable ou molesto, amosa rixidez no abdome e no tronco, encolle as pernas e aperta os puños, ponse vermello, espértase con moita facilidade e ten maior dificultade para durmirse e cústalle tranquilizarse con estímulos que noutro momento si lle relaxan. 

Segundo apuntan dende DosFarma, non hai ningún tratamento que faga remitir os cólicos e iso adoita ser moi frustrante para os seus proxenitores. Pero hai formas de aliviar ao bebé e "facer que a vida sexa máis sinxela tanto para el como para os pais". Os expertos de DosFarma dan unha serie de consellos aos pais para afrontar esta situación. Algúns deles son: estar acougados, collelo en brazos e arrolalo boca abaixo, facilitar que expulse en gases, 

darlle para comer na postura correcta, coidar a súa alimentación, prepararlle un baño para relaxalo, poñerlle calor na tripa, darlle unha volta en coche, ou manter contacto pel con pel para acougalo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta