Lavado de cara ao eucalipto: a Xunta multiplica por dez a explotación 'responsable' da madeira

O selo FSC pasou de 3.000 hectáreas a máis de 32.000 só no ano 2021, ao mesmo tempo que esta especie invasora seguía avanzando malia a moratoria da administración.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2022 | Actualizada ás 12:22

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia destacou que multiplicou por dez a superficie forestal certificada co selo FSC en montes galegos no ano 2021, pasando de menos de 3.000 a máis de 32.000 hectáreas certificadas. Así o sinalou a Consellería do Medio Rural nun comunicado, no que informa de que o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luís Chan, reuniuse con membros da xunta directiva de Forest Stewardship Council (FSC) España, un encontro no que abordaron a actual situación deste selo de certificación en Galicia.

Tal e como resaltou o director xeral, o Goberno galego foi o responsable de aproximadamente a metade do crecemento de FSC en España nese período, tendo como obxectivo para este ano consolidar ese crecemento co incremento de superficie baixo a certificación FSC. Este selo, creado pola compañías da madeira nos anos 90, vén a suxerir un tratamento "responsable" dos bosques e a súa explotación. Co cal, na práctica, implica tamén unha maior explotación de superficie forestal. Así, Galicia sitúase como a terceira comunidade autónoma con máis superficie baixo este selo de garantía, onde 32.220 hectáreas rexístranse en 77 montes xestionados pola propia Administración galega.

Ademais, na reunión, acordouse incrementar outras tipoloxías de certificación máis aló da xestión forestal, como son os servizos ecosistémicos de absorción de CO 2 -actualmente laXunta ten tres montes con este tipo de certificado- e biodiversidade, que se incorporará proximamente. Deste xeito, a certificación forestal sustentable garante --ao máximo nivel, a través dun dos sistemas de certificación máis implantados a nivel mundial-- que a xestión dos montes dos que provén esta madeira é respectuosa co medio ambiente, ao mesmo tempo que cumpren outras funcións ecolóxicas, económicas e sociais.

Na reunión estiveron presentes a presidenta de Bosques sen Fronteiras e de FSC España, Susana Domínguez Lerena, a administradora de Asefor, grupo galego de certificación forestal, Raquel González Pérez, acompañadas polo director executivo da entidade, Gonzalo Anguita Alegret e Silvia Martínez Martínez, responsable de políticas, estándares e proxectos.

Eucaliptos. GREENPEACE
Eucaliptos. GREENPEACE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta