Pontevedra reunirá a 400 expertos mundiais na planificación urbana do 27 ao 30 de setembro

Sucederá así a Ámsterdam, Estocolmo e Valencia, sedes anteriores deste congreso internacional.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2022 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

Pontevedra acollerá do 27 ao 30 de setembro deste ano 2022 un encontro de expertos mundiais sobre planificación urbana que abordarán o futuro das cidades desde distintas perspectivas. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu este xoves ao Consello internacional da Fundación Placemaking Europe, que durante os próximos dous días planificarán o IV Congreso internacional de Placemaking Europe que se celebrará en Pontevedra do 27 a 30 de setembro.

Pontevedra sucederá así a Ámsterdam, Estocolmo e Valencia, sedes anteriores deste congreso internacional que reflexiona sobre o futuro das cidades. O alcalde agradeceu a Ramón Marrades, responsable de Placemaking Europa que decidise facer o Congreso en Pontevedra. "Estamos ilusionados porque aínda que levamos 22 anos traballando en recuperar a cidade para as persoas e facela sustentable, é un proceso dinámico que non se acaba nunca", declarou o rexedor pontevedrés.

O congreso será unha cita para preto de 400 profesionais deste ámbito dos espazos públicos e das cidades para abordala desde distintos puntos de vista: a saúde, os nenos, a cultura, a inclusión, as estratexias urbanas e a mobilidade. A temática, os relatorios, os proxectos e os prazos de presentación e inscrición determinaranse nas reunións que o Consello internacional do Placemaking manterá nestes dous días na cidade.

Segundo explicou o director de Placemaking, a celebración do Congreso en Pontevedra débese as dúas razóns. A primeira delas, segundo Marrades, para coñecer os contextos e a transformación levada a cabo en Pontevedra nos últimos. En segundo lugar, sinalou a intención de "compartir os propios éxitos e fracasos", xa que, segundo afirmou Ramón Marrades, as disciplinas coas que traballan son "cambiantes" e deben repensarse "para ser capaces de desenvolver cidades mellores a escala urbana e baseadas en cousas que sexan interesantes".

Ramón Marrades veu á Boa Vila acompañado de oito membros máis do Consello internacional Placemaking entre eles o Fredrik Lindstal, empresario e presidente do Consello de administración dos portos de Estocolmo ou Vivian Doumpa, urbanista e geógrafa.

Todos eles estarán este xoves pola tarde acompañando ao alcalde e ao director de Placemaking Europe, Ramón Marrades, na conferencia de Urbtopías, que se celebrará a partir das 19,00 horas na Igrexa de Santa Clara, que se estrea como novo espazo cultural da cidade.

Cidade de Pontevedra
Cidade de Pontevedra | Fonte: pontevedraviva.com.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta