Feijóo, sobre o cargo da súa exconselleira Beatriz Mato en Greenalia: "Eu respondo da miña conduta persoal"

Recorda que un exalto cargo pode exercer nunha empresa sempre que conte coa correspondente declaración de compatibilidade.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/02/2022 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou este xoves, preguntado sobre o papel da exconselleira Beatriz Mato no consello de administración de Greenalia tras ter no seu día as competencias de Medio Ambiente no seu Goberno, que hai o deber legal de respectar o réxime de incompatibilidades de exaltos cargos e, se se cumpre, instou a que "cada un faga o que considera oportuno".

Alberto Núñez Feijóo
Alberto Núñez Feijóo | Fonte: David Cabezón - Xunta de Galicia.

Preguntado polas críticas que recibiu a exconselleira, quen fichou por Greenalia en 2020, Feijóo lembrou que, desde o punto de vista legal, un exalto cargo pode exercer nunha empresa sempre que conte coa correspondente declaración de compatibilidade.

E no caso concreto de Mato, que tras ser conselleira se centrou na política local coruñesa antes de ir a esta compañía, subliñou que entende que transcorrerían "os prazos" precisos para poder "exercer as súas competencias" en Greenalia. Iso si, subliñou que está no consello de administración e non nun posto "executivo".

Máis aló, Feijóo instou a que "cada un faga o que considere oportuno". "Eu podo responder da miña conduta persoal e do resto... de que se cumpra a lei", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 José

Ai, benditiño..., xa tes o postiño nalgunha eólica? ou irás para Ence... se cadra prefires mudarte para Porto á Altri... Fica con nós home, non marches.. queda outros catro aniños