O PSdeG insta á Xunta a "asumir" a "ineficiencia" do transporte público e corrixir os pregos

O portavoz socialista Luís Álvarez critica a "cantidade de diñeiro inxente" desembolsado en propocionar un servizo "deficiente".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2022 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

O portavoz do PSdG no Parlamento de Galicia, Luís Álvarez, demandou á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que realice os cambios necesarios para "adaptar o transporte público ás necesidades de centenares de persoas que non teñen un servizo que se adapte minimamente ás súas demandas". Así se pronunciou Álvarez en declaracións aos medios este venres en Ferrol, onde incidiu que "a Xunta nega a realidade existente" ante un transporte por carrete "ineficiente" que "non responde as necesidades" da poboación a pesar de supor un desembolso "de 12 millóns de euros".

O portavoz socialista, acompañado ante a estación de autobuses da cidade naval polo secreteario xeral provincial na Coruña, Bernardo Álvarez, e outros responsables locais en Ferrolterra, denunciou a "cantidade de diñeiro inxente" desembolsado pola Administración autonómica "non está" a responder ás demandas da poboación.

"O que lle pedimos á Xunta é que revise todas as queixas que está a recibir, que non negue que existen os problemas, xa que o primeiro paso para corrixir un problema é asumir que existe", detallou o deputado autonómico. A continuación, Álvarez remarcou que "unha vez asumido o problema", a Xunta debe corrixir os pregos "de forma que dean unha resposta adaptada á cidadanía, porque cada vez hai mais problemas de mobilidade e máis cidadáns que necesitan os transportes públicos".

MÁIS DUN ANO

Pola súa banda, Bernardo Fernández detallou que "os problemas se producen desde xaneiro do pasado ano", polo que, tras manter "conversacións" con usuarios afectados polos cambios, os socialistas piden "regresar á anterior situación, xa que a cidadanía entendía que funcionaba ben". O rexedor de Pontedeume tamén sinalou que "se anuncian unha serie de medidas, e de feito unha semana despois de telas anunciadas, suprímese unha desas liñas sen previo aviso".

En canto á pregunta levada ao Parlamento de Galicia sobre este asunto, Fernández detallou que "o máis sorprendente foi a actitude da Xunta a este respecto", posto que o Goberno galego defende que "a situación está perfecta e que había que recoñecerlle este esforzo".
"É moi difícil dar solución a unha problemática cando o que ten que facelo non asume que existe nin o máis mínimo problema", sentenciou.

O portavoz do PSdeG no Parlamento galego, Luís Álvarez, xunto ao secretario provincial na Coruña, Bernardo Álvarez, e outros responsables do partido ante a estación de autobuses de Ferrol. PSDEG
O portavoz do PSdeG no Parlamento galego, Luís Álvarez, xunto ao secretario provincial na Coruña, Bernardo Álvarez, e outros responsables do partido ante a estación de autobuses de Ferrol. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 ixtlan

A problemática de Ferrol vai alén do autobús, e precisa coñecerse pola cidadanía galega. A liña ferroviaria inaugurada en 1911 e non reformada desde aquela clama por unha actualización potente e rápida.