A Xunta sobre o rapeiro Kaydy Cain: "hai que condenar todas" as expresións que falten ao respecto das persoas

O conselleiro de Cultura considera que non se pode faltar a "os valores dunha sociedade democrática e libre" e que ditos valores "hai que defendelos" e engadiu que "a liberdade de cada un acaba onde comeza a doutro".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2022 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, manifestou que "hai que condenar, obviamente, todas aquelas manifestacións artísticas que poidan faltarlle ao respecto a outras persoas", en relación coas protestas ante a Sala Capitaol polo concerto do cantante de trap Kaydy Cain.

Este venres en Santiago, Rodríguez explicou que "hai estilos musicais para todos os gustos", pero que "o que non pode ser" é que un tipo de música "sexa escusa para faltar ao respecto, insultar ou xerar unha problemática cos demais".

Considera que non se pode fallar a "os valores dunha sociedade democrática e libre" e que ditos valores "hai que defendelos". Ademais, engadiu que "a liberdade de cada un acaba onde comeza a doutro".

Durante a noite do 10 de febreiro reuníronse decenas de persoas, convocadas por plataformas feministas, ante as portas da Sala Capitol en Santiago, onde se estaba celebrado o concerto, en protesta polas letras "misóxinas" e "machistas" do trapero.

O pasado oito de febreiro a concellaría de Políticas de Igualdade do Concello de Santiago, así como grupos municipais do PSdeG, Compostela Aberta e BNG, xa manifestaron a súa repulsa polo concerto de Kaydy Cain, xa que consideran as súas letras "humillantes" e "denigrantes". A este rexeitamento sumouse o municipio de Mos.

O cantante xa se viu envolto polémicas deste estilo, tanto polas súas letras como videoclips. Ademais, hai unhas semanas foi acusado por redes sociais de abusar sexualmente de varias mulleres, acusacións que el negou.

Kaydy Cain
Kaydy Cain | Fonte: TWITTER @KAYDYCAIN.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta