Temas: PORTUGAL SECA

O risco de seca pasa a ser unha prioridade política

Portugal e España acordan reforzar a súa cooperación para a xestión das concas hidrográficas do Miño, Limia, Douro, Tajo e Guadiana.

Por E.P. | Madrid | 11/02/2022 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

Portugal e España analizaron o actual escenario de escaseza hídrica e acordaron reforzar a súa cooperación para a xestión das concas hidrográficas do Miño, Limia, Douro, Tajo e Guadiana co fin de mellorar a protección e o aproveitamento sustentable das contas compartidas. Así se acordou durante a XXIII reunión da Comisión para a Aplicación e Desenvolvemento do Convenio (CADC) de Albufeira, instrumento que rexe a coordinación dos traballos entre ambos os estados para a protección e o aproveitamento sustentable das concas compartidas.

Seca no encoro de Lindoso, na Baixa Limia, que deixa ver a aldea sumerxida de Aceredo
Seca no encoro de Lindoso, na Baixa Limia, que deixa ver a aldea sumerxida de Aceredo | Fonte: Gonzalo Blanco

Os principais temas que os dous países veciños abordaron foron a articulación dos procesos de planificación hidrolóxica e a análise de posibilidades de actuación ante o risco de seca, así como o intercambio de información hidrometeorolóxica e a adopción dos informes correspondentes aos anos hidrolóxicos 2019/2020 e 2020/21.

Ademais, as partes analizaron a situación actual ameazada significativamente pola seca e diversos acordos sobre intercambios de información e valoración da situación hidrolóxica, procedementos que se intensificarán de inmediato ata que se supere a situación de risco de seca.

Outro aspecto analizado foi a coordinación dos procesos de revisión dos plans hidrolóxicos e os plans de xestión do risco de inundación, así como o acordo de preparar un documento conxunto divulgativo sobre estes procesos para cada unha das demarcacións hidrográficas.

Temas: PORTUGAL SECA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta