Tegestacín anuncia o despedimento de 40 empregados da planta de lácteos de Outeiro de Rei

A empresa quere desfacerse do 70% do persoal.

Por E.P. | Lugo | 11/02/2022 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

Tegestacín anunciou a súa intención de facer efectivos de "forma inminente" 40 despedimentos, o 70% do persoal no marco do ERE que afecta á planta láctea de Outeiro de Rei.

Entrada ás instalacións de Tegestacín en Outeiro de Rei
Entrada ás instalacións de Tegestacín en Outeiro de Rei | Fonte: Google Maps.

Segundo a CIG, así quedarían 20 traballadores para manter unha actividade "mínima" na fábrica.

O sindicato denuncia a "manobra especulativa" e os incumprimentos coa maioría de persoal afectado, pois "a empresa acumula o atraso o pago dos salarios de decembro, xaneiro, así como a liquidación que proceda".

Así mesmo, alerta de que Tegestacín "está a realizar o desmantelamento programado da factoría coa venda de materiais e asumindo pagos a provedores por anticipado para manter unha actividade que en ningún caso está a repercutirse nas obrigacións co seu persoal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta