Arrincan as oposicións de Función Pública: case 6.000 aspirantes loitan por unha praza en Galicia

Os exames, convocados polo Goberno, estanse a celebrar nos campus da Coruña e Vigo. CSIF ve "insuficiente" a convocatoria e advirte de "risco de colapso" na estrutura estatal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2022 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

A Delegación do Goberno informou de que 5.788 persoas están convocadas aos exames de procesos selectivos de emprego público da Coruña e Vigo. As probas, lembran nun comunicado, empezan ás 9,00 horas deste sábado en 141 aulas do os campus de Elviña, na Coruña, e de Lagoas Marcosende, en Vigo. As probas de Función Pública celébranse en 21 sedes provinciais no conxunto do Estado.

"O obxectivo das probas é atender as necesidades de persoal de Administración Pública. Están abertos once procesos selectivos para ingreso libre, acceso por promoción interna e estabilización de emprego temporal en Corpos e Escalas da Administración Xeral do Estado", destacan.

En Galicia son 3.610 as persoas convocadas nas 94 aulas do campus de Elviña, na Coruña, distribuídas en cinco facultades con 320 persoas despregadas pola Administración para o desenvolvemento das probas. Doutra banda, son 2.718 as convocadas nas 47 aulas de cinco facultades do campus de Lagoas Marcosende, con 120 persoas en tarefas de organización.

As 5.788 citadas en Galicia están englobadas nas 98.271 do conxunto do Estado, que teñen as súas probas ao mesmo tempo e aspiran a 6.739 prazas en global. Delas, 437 están reservadas para persoas con discapacidade xeral e 171 para discapacidade intelectual.

Oposicións á Xunta no recinto de Amio, en Santiago de Compostela
Oposicións á Xunta no recinto de Amio, en Santiago de Compostela | Fonte: XUNTA.

CSIF VE "INSUFICIENTE" A DOTACIÓN

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) considera que a oferta de 4.015 prazas da Administración Xeral do Estado (AGE) para as que optarán hoxe máis de 95.000 opositores é "insuficiente" porque non cobre as necesidades estruturais de emprego. En concreto, convocáronse un total de 1.500 prazas de novo ingreso, das que 850 corresponden ao corpo de administrativos e 650 para o de auxiliares. Do resto, 1.500 corresponden a promoción interna e 1.015 a estabilización de persoal temporal.

Para CSIF, esta oferta de emprego é insuficiente e non cobre as necesidades estruturais de persoal da Administración Xeral do Estado, que desde 2011 perdeu 65.662 empregos, segundo os últimos datos a xullo de 2021 do Boletín Estatístico do persoal ao servizo das Administracións Públicas.

Ademais, o sindicato alertou de que a idade media do persoal da AGE é de 53 anos e que un 19% ten máis de 60 anos e está xa ás portas da xubilación. "Advertimos, neste sentido, do risco de colapso na Administración do Estado nun momento de saturación no SEPE e a Seguridade Social, como quedou de manifesto durante a pandemia", avisou a través dun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta