A Xunta constrúe seis veces menos vivenda pública dende a chegada de Feijóo, afirma o BNG

A formación nacionalista demanda aumentar as axudas ao aluguer para facilitar a independencia dos mozos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2022 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

O BNG propuxo incrementar as axudas da Xunta ao aluguer para os mozos ata "un mínimo de dous millóns de euros", o que suporía "duplicar a partida actual do Goberno galego". Piden ademais aumentar o parque público de vivendas "co obxectivo de alcanzar as cifras da contorna europea", situadas no 9%, "mentres que en Galicia representan menos do 1%".

"Urxe actuar na vivenda, xunto no ámbito laboral, fronte ás preocupantes cifras de emancipación da mocidade que rexistra o país, onde catro de cada 10 mozos de entre 30 e 34 anos non conseguen independizarse, o que supón a segunda peor taxa de todo o Estado", recalcan nun comunicado.

Segundo a portavoz nacionalista de Vivenda, Alexandra Fernández, ao "aumento continuado e abusivo" dos prezos do aluguer inscrito nos últimos anos hai que sumar "a falta de políticas sociais de vivenda por parte do Executivo do PP, especialmente no que ten que ver coa vivenda protexida".

Fernández subliñou que antes de que antes da chegada do PP ao Goberno, entre os anos 2005 e 2009, o número de novas vivendas protexidas ascendía a 2.640, mentres que desde ese momento, con Feijoó na Xunta, "esta cifra baixou entre os exercicios 2010 e 2020 ata as 450 vivendas protexidas por ano, seis veces menos vivenda protexida por ano".

Recrimina ademais os "anos de auténtico deserto" rexistrados entre 2015 e 2018, onde "esta media baixou a tan só catro vivendas protexidas por ano e das que só unha se puxo en réxime de aluguer". Nesta liña, tamén advertiu das políticas desenvolvidas en materia de axudas ao aluguer para a mocidade, "con contías tan baixas que a maioría das persoas solicitantes quedan excluídas e non poden optar a elas".

Sobre isto lembrou que en 2019 apenas se destinaban 1,2 millóns a estas axudas, unha cifra que baixou en 2021 aos 840.000 euros e, "o que é peor, no ano 2020, no peor da pandemia, a Xunta nin tan sequera convocounas".

O deputado do BNG, Néstor Rego, intervén nunha sesión plenaria, no Congreso dos Deputados
O deputado do BNG, Néstor Rego, intervén nunha sesión plenaria, no Congreso dos Deputados | Fonte: A. Pérez Meca - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta