Toén acollerá un centro para lembrar os usos tradicionais do río Miño

O espazo, desenvolto grazas ás achegas da Deputación, podería recuperar as vellas barcas que cruzaban o caudal con fins turísticas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2022 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

O apoio da Deputación de Ourense posibilitou ao Concello de Toén avanzar no proxecto de centro de interpretación Pai Miño a través dunha axuda económica para adquirir a futura sede do proxecto. Trátase dun edificio de 450 metros cadrados situado na parroquia de Puga adquirido polo Goberno municipal en 2021 por 55.000 euros. O alcalde de Toén, Ricardo González, destacou que é unha iniciativa "para render homenaxe ao río máis importante de Galicia e que non tiña un centro que lle fixese xustiza".

O proxecto trátase dun centro de interpretación dos cultivos vitivinícolas na conca do Miño, así como das artes da pesca e biosfera. O alcalde explicou que tamén queren "recuperar as barcas tradicionais que cruzaban o río" así como que nun futuro esperan poder polo "en valor a nivel turístico" volvendo ser "barcas de tránsito".

Ademais, buscan que sexa un lugar pedagóxico e de formación "con varias salas de interpretación" e que nun futuro "poida estar integrado na rede de museos de Ourense e que moitos visitantes poidan coñecer Toén", tal como explicou o rexedor. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, explica que "este proxecto non é só de Toén, é da provincia, e atrévome a dicir de toda Galicia". Pola súa banda, o alcalde deulle as grazas e explicou que espera que o centro sexa "un punto de encontro".

Visita da futura Casa do Pai Miño na parroquia de Puga (Toén)  do presidente da Deputación, Manuel Baltar, do alcalde, Ricardo Goméz: a concelleira  Julia Vispo; e o presidente da Comunidade de Montes de Puga, Serafín Rodrígez Domínguez. ALBERTE PAZ
Visita da futura Casa do Pai Miño na parroquia de Puga (Toén) do presidente da Deputación, Manuel Baltar, do alcalde, Ricardo Goméz: a concelleira Julia Vispo; e o presidente da Comunidade de Montes de Puga, Serafín Rodrígez Domínguez. ALBERTE PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta