Es artista e queres participar na 'Semana Santa ao vivo' de Allariz?

A área de promoción económica do concello abriu o prazo de inscrición para incluír espectáculos que formarán parte da programación cultural que se ofrece nas rúas durante a Semana Santa.

Por X.M. Fernández | Allariz | 15/02/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Allariz recibe miles de turistas durante as vacacións de Semana Santa polo que, dende hai anos, o Concello de Allariz organiza unha proposta cultural para ambientar as rúas do casco histórico. Artistas de diferentes estilos amenizan, con actuacións en directo, o paseo da veciñanza, dos visitantes e dos turistas. Esta iniciativa coñécese como "Semana Santa ao Vivo" e este ano terá lugar entre o 14 e o 17 de abril.

Unha actuación no ciclo 'Semana Santa ao Vivo' (2019). Foto: Concello de Allariz
Unha actuación no ciclo 'Semana Santa ao Vivo' (2019). Foto: Concello de Allariz

Este proxecto cultural abarca sobre todo música, nos seus variados estilos, ademais doutras disciplinas artísticas susceptibles de realizarse na rúa, como danza, espectáculos de maxia ou teatro, entre outras.

O prazo de inscrición para artistas estará aberto ata o día 4 de marzo ás 14:00h.. Para participar é preciso enviar o formulario debidamente cumprimentado que poderán descargar en na web do concello.

A selección será comunicada ás persoas inscritas a través de correo electrónico, o día 11 de marzo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta