Morre un operario de 54 anos en Verín ao caer e golpearse cun palé

O Instituto Armado traballa en esclarecer as circunstancias do suceso.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 15/02/2022 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Un operario de 54 anos de idade morreu este martes no municipio ourensán de Verín ao sufrir unha caída e golpears e cun palé mentres traballaba. Segundo información do 112 Galicia, os feitos ocorreron preto das 8,30 horas da mañá, cando a central de emerxencias recibiu a alerta a través de Urxencias Sanitarias-061.

Seguidamente, o 112 requiriu a intervención da Policía Local e da Garda Civil, que indica a Europa Press que a vítima, un home de 54 anos de idade, era veciño de Verín.

Ata o lugar desprazouse un equipo médico do 061, pero non puido facer nada por salvarlle a vida ao operario. Pola súa banda, o Instituto Armado traballa en esclarecer as circunstancias do suceso.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta