Que vai facer a Xunta coas presas 'caducadas' que poboan os ríos galegos?

Asociacións ecoloxistas demandan derrubar estas estruturas, pero a administración autonómica pide ir "caso por caso": "é unha cuestión complexa".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Novos movementos de ficha arredor das concesións hidroeléctricas, unha das cuestións medioambientais máis espiñentas de cantas arrastra a Xunta de Galicia, xunto cos eólicos e a minaría. Máis de dous anos atrás, a entidade autonómica asegurou que comezaría a valorar as extincións daquelas concesións hidroeléctricas caducadas, proceso que se desenvolveu sementando certas dúbidas de cara ao colectivo ecoloxista.

Encoro no río Verdugo
Encoro no río Verdugo | Fonte: ADEGA.

Agora, a problemática que enfronta a Xunta, e, máis concretamente, Augas de Galicia, está en que facer coas infraestruturas resultantes destas explotacións; é dicir, as presas e encoros que se desenvolveron a raíz dos permisos recollidos polas empresas eléctricas e que a día de hoxe seguen a conter os tránsitos dos ríos, provocando un grande desequilibrio nos ecosistemas fluviais da Comunidade.

A Xunta poderíase ver obrigada a mover ficha tras "numerosas queixas" á Unión Europea por parte de organizacións ecoloxistas e ambientalistas sobre o dereito de acceso á información ambiental. Así o apuntan dende a asociación estatal Ríos con Vida, que asegura que Augas de Galicia vén de emitir un informe para o Consello Reitor sobre a extinción de concesións hidroeléctricas na Comunidade.

A pregunta queda en que facer coas infraestruturas das concesións extintas, unha interrogante ante a cal o organismo de augas lanzas velos de dúbidas. "A extinción das concesións hidroeléctricas é unha cuestión complexa, que se está desenvolvendo na Administración hidráulica de Galicia, e que esixe unha análise en profundidade e caso a caso". Así, segundo Ríos con Vida, destaca que "non se pode falar dunha solución xeral, xa que cada caso ten as súas particularidades". Poñerán atención, entón, á "rendibilidade social, patrimonial e cultural" de cada instalación.

PIDEN O DERRUBAMENTO

Dende Ríos con vida téñeno máis claro a e apostan por botar abaixo a estrutura dun río concreto; o Turia, que conta cunha estación ao seu paso polo concello mariñán da Pontenova. Ao parecer o espazo afectado é Zona de Especial Conservación na Rede Natura 2000, e contén unha planta protexida no marco legal do Estado español, rexistrada, asemade, como especie en perigo de extinción.

"Por tanto", apuntan, "a demolición destes obstáculos supoñerá unha mellora evidente para esa fauna e flora ligada ao leito do Eo, que á súa vez beneficiarán a especies como o desmán ibérico e a londra, entre outras. En canto á vexetación e a xeomorfoloxía sobre a que se sustenta, “a recuperación en parte do fluxo de sedimentos, auga e enerxía supoñerá un acicate e impulso para a mellora do hábitat fluvial”. Por outra banda, destácase que o Programa de Medidas do Plan Hidrolóxico da parte occidental da Demarcación do Cantábrico inclúe a eliminación de obras obsoletas, así como o  RDPH e a Estratexia Nacional de Restauración de Ríos.

Merino tamén solicita que se proceda ao precinto inmediato das tomas de auga, para que circule canto antes polo leito do Turia. Ademais, pide que “se nos informe do curso e resultado desta solicitude, estimándollenos como parte interesada a efectos do procedemento administrativo resultante”. Por último, fai referencia á necesidade de que estas consideracións sexan adoptadas pola CHC e incluídas en todos os expedientes de caducidade, revisión e demolición de concesións. “Felicitamos á CHC polo seu labor neste sentido, cuxa experiencia en este e outros ríos son un exemplo para outros organismos de conca e a sociedade en xeral”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta