Denuncian a deportación dunha muller kurda que levaba dez anos en Galicia

O Foro Galego de Inmigración convoca unha concentración para este mércores.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/02/2022 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

O Foro Galego de Inmigración denuncia a deportación dunha muller de orixe kurdo que residía en Santiago desde hai dez anos. "Tratase dunha persoa que ten varios familiares directos residindo con ela  en Compostela e ela mesma tivo durante varios anos a súa veciñanza na nosa cidade residencia legal en España", indica nun comunicado.

Esta entidade ten presentando un recurso diante da súa expulsión, que presentou tamén unha solicitude de arraigo social, que está en vía de recurso. "Todo isto amosa que se trata dunha persoa residente aquí con familiares directos e que ten feito todos os esforzos que puido para legalizar a súa situación", engade.

Por outra banda, denuncia que se trata dunha situación recorrente nunha cidade que non presenta problema algún de convivencia e que afecta a persoas "que só pretenden saír adiante coas súas familias". Por iso, chama a mobilizarse este mércores, 16 de fereiro, ás 12.00 horas diante da comisaría de Policía de Santiago.

Homenaxe ás activistas kurdas Pakize Nayir, Fatma Uyar e Sêve Demir asasinadas polo Exército turco
Homenaxe ás activistas kurdas Pakize Nayir, Fatma Uyar e Sêve Demir asasinadas polo Exército turco

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta