O PSdeG pide explicacións á Xunta polo apoio do Xacobeo a un acto publicitado co topónimo "Sangenjo"

Por E.P. | Santiago de Compostela | 15/02/2022 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

O PSdeG demandou explicacións á Xunta polo apoio do Xacobeo 21-22 á gravación dun programa radiofónico do locutor Federico Jiménez Losantos que se publicita cun cartel no que se emprega o topónimo deturpado "Sangenjo", en referencia á localidade pontevedresa Sanxenxo.

Praia de Sanxenxo, a 4 de xuño de 2021
Praia de Sanxenxo, a 4 de xuño de 2021 | Fonte: Beatriz Ciscar - Europa Press - Arquivo.

A deputada Noa Díaz avanzou a presentación dunha batería de iniciativas nas que se demanda ao Goberno galego que clarifique o grao de implicación do Xacobeo na organización deste acto.

Para Díaz, é "inaceptable que o Goberno galego sexa partícipe destes malos tratos" ao galego, "tanto por non someter a control toda a publicidade sufragada con fondos públicos como para non actuar unha vez coñecido este atentado" á toponimia de Galicia.

Así, lamenta a falta de actuación da Xunta ante o que considera "unha clara deturpación" da toponimia galega que considera "máis grave ao contar con financiamento da Xunta, concretamente do Xacobeo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta