As Tanxugueiras lideran o cartel do festival de Ortigueira

É unha das primeiras confirmacións para o festival do mes de xullo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2022 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

De Benidorm ao máis alto. As Tanxugueiras seguen conquistando éxitos e festivais; o derradeiro vén de Ortigueira, concretamente do seu Festival Internacional do Mundo Celta. O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira regresa así coa que será a súa edición máis longa até a data, xa que terá lugar entre os días 10 e 17 de xullo. A cita vén marcada polas dúas cancelacións dos anos pandémicos, circunstancia que, agardan, non se dará de novo neste 2022. 

Actuación das Tanxugueiras no Benidorm Fest
Actuación das Tanxugueiras no Benidorm Fest | Fonte: RTVE

Dende a organización do festival fan, asemade, fincapé no seu compromiso coa difusión da música e cultura galega, "con máis forza se cabe do que se viña facendo durante as últimas edicións", inciden. Por iso engaden tamén que as Tanxugueiras "son as artistas revelación da fusión da música tradicional e os ritmos urbanos. Olaia, Aida e Sabela, cantareiras dunha nova década, destacan como as máximas expoñentes dunha xeración aberta á evolución e á reformulación da música tradicional galega, contando con referentes como Leilía, Mercedes Peón ou Milladoiro". Polo momento, non aclaran en que xornada farán soar as pandeiretas sobre o escenario. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta