Sanitarios, axentes telefónicos ou estibadores son algúns dos perfís máis demandados en Galicia

Así se apunta nun informe publicado este mércores por Adecco.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2022 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

Profesionais do ámbito sanitario, axentes telefónicos, estibadores ou gruistas están entre os perfís máis demandados laboralmente en Galicia, segundo se desprende dun informe publicado este mércores por Adecco.

En concreto, en primeiro lugar, os postos con máis necesidade de persoal son os do sector sanitario, desde auxiliares de enfermaría a médicos de atención primaria e técnicos de laboratorio, aínda que "a escaseza é máis pronunciada aínda cando se trata de contratar enfermeiros", destaca Adecco.

En canto ao sector industrial, hai tres perfiles que destacan por encima dos demais: carretilleros, mozos de almacén e gruistas para portos. "Neste caso, a carencia de talento vén motivada por unha mestura entre os poucos profesionais cualificados e con experiencia que existen, necesarios para que non cese a actividade das empresas deste sector, e a alta mobilidade destes perfís por motivos salariais", destaca o informe.

En ámbitos máis concretos como a loxística e o transporte, en Galicia demándanse perfís como repartidores e condutores, así como estibadores no ámbito portuario.

O sector agroalimentario, prosegue Adecco, é outro dos que busca continuamente traballadores na comunidade galega, especialmente as industrias conserveiras, con auxiliares de fabricación de conservas e conxelados.

Así mesmo, a automoción, outro sector de longa tradición na comunidade galega e que emprega a máis do 2% dos ocupados galegos, busca incorporar tanto a operarios especializados como a carretilleros. Finalmente, destaca a procura de axentes telefónicos.

Profesionais sanitarios
Profesionais sanitarios | Fonte: Sergas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta