As avellas melíferas silvestres, un caso único en Europa

Un estudo da Universidade de Baviera constata que as abellas melíferas sobreviven durante o inverno en Galicia resgardadas en postes de electricidade. A investigación tamén apunta á importancia "fundamental" das formas extensivas de uso da terra e a restauración das características naturais da paisaxe.

Por Galicia Confidencial | LUGO | 20/02/2022 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

Era pouco probable segundo os expertos que as abellas melíferas tiveran sobrevivido como animal salvaxe en Europa, pero un estudo realizado polos biólogos Benjamin Rutschmann e Patrick Kohl de Julius-Maximilians da Universität Würzburg (JMU) en Baviera vén de demostrar o contrario: existen aínda abellas de mel silvestres en Galicia que sobreviven durante o inverno metidas nos postes ocos de electricidade. A investigación indica ademais que aparecen fortes contrastes de supervivencia entre as áreas seminaturais sen uso ou con uso extensivo tradicional (queirogais e monte baixo) e as grandes áreas de agricultura intensiva (con pesticidas e fertilizantes), onde non prosperan.

Ese pesticida afecta á colonia de abellas
Ese pesticida afecta á colonia de abellas

Os investigadores describen onde atopar os nidos de abellas e as condicións nas que poden sobrevivir en Biological Conservation, unha revista de bioloxía da conservación. Os científicos Rutschmann e Kohl, estudantes de doctorado na Cátedra de Ecoloxía Animal e Bioloxía Tropical de JMU, comezaron os seus estudos en Galicia en outubro de 2019 debido a que un colega seu observara enxames de abellas ocupando os postes ocos de electricidade e, aparentemente, prosperando: algo que finalmente comprobaron.  Ademais, indican na investigación, comprobaron que as abellas galegas non eran de raza importada: malia que en Alemania aconteceu que a subespecie autóctona fou desprazada por subespecies importadas hai moito tempo, non foi así en Galicia.

SUPERVIVENCIA E CONTRASTES PAISAXÍSTICOS

"Tras dous anos de estudo e un total de 52 colonias de abellas observadas, vemos que arredor do 40% das colonias sobreviven no inverno", informaba Alejandro Machado, o colega que colaborou con Rutschmann e Kohl. E a supervivencia destas abellas silvestres está relacionada, segundo a análise desenvolvida, á contorna na que se ubican os postes: naqueles rodeados de matorrais, queirogais ou bosques sobreviven moitas máis colonias que nos ubicados en campos de cultivo intensivo.

"Foi este marcado contraste o que nos permitiu darnos conta de que o contexto da paisaxe xoga un papel tan importante na supervivencia das abellas", indicaba en declaracións Rutschmann. O investigador destacaba así a importancia "fundamental" das formas extensivas de uso da terra e da restauración das características naturais da paisaxe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta