O Goberno defende o que paga de pensións na Coruña e di que investiu 167 millóns máis tras revalorizalas

Di que o subsidio medio na provincia aumenta 38,86 euros ata case 970.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2022 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

A Subdelegada do Goberno na provincia, María Rivas, destacou que a decisión do Executivo de revalorizar as pensións implica un investimento de 167 millóns de euros máis na Coruña. O aumento do subsidio medio ata os 969,48 euros, supón un incremento de 38,86 euros respecto ao mes de decembro.

María Rivas mantivo este xoves unha reunión coa nova directora provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Eva Fernández, para falar da nova lei de pensións aprobada polo goberno.

Segundo indicou, esta reforma termina co "mal denominado factor de estabilidade", que provocou que os pensionistas "perdesen desde 2017 un 7,5% de poder adquisitivo", segundo apuntou a subdelegada.

En concreto, a provincia da Coruña suma 301.870 pensións contributivas abonadas pola Seguridade Social. Por tanto, este aumento dos subsidios beneficia a un de cada catro habitantes. Rivas sinalou que esta nova lei garante que "ano a ano as pensións suban coa inflación".

A subdelegada do Goberno na provincial da Coruña, María Rivas, acompañada da directora provincial do INSS, Eva Fernández e outros responsables da entidade.
A subdelegada do Goberno na provincial da Coruña, María Rivas, acompañada da directora provincial do INSS, Eva Fernández e outros responsables da entidade. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta