A economía galega, menos integradora para as persoas con discapacidade

Un informe cifra no 30'5% as persoas con discapacidade que exercen profesionalmente no país, por debaixo do 34'4% da media estatal.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A economía galega, menos inclusiva que a media do estado para coas persoas con discapacidade. Así se destila dun informe desenvolta pola Fundación Randstad no que se precisa que a participación de persoas discapacitadas no mercado laboral galego se sitúa nunha taxa do 30'5%, unha cifra que no caso do conxunto do Estado español ascende até o 34'4%.

Empregado con discapacidade unha empresa
Empregado con discapacidade unha empresa | Fonte: ONCE

Así é que, mesmo no conxunto do estado, un 66% das persoas con discapacidade en idade de traballar se atopan inactivas; problemática que afectaría a 1'23 millóns de persoas. Dende a apuntada fundación sinalan varias causas tras esta problemática; dende a incapacidade permanente de certa sección colectivo ou a presenza doutras ocupacións --estudos, por exemplo--.

Aínda con todo, inciden, a cifra dá conta dunha "baixa participación" que, porén, vén medrando nos últimos anos. Así é que en 2020, en plena pandemia, se rexistrou un crecemento do 4% a nivel estatal ao suar 25.300 persoas ao mercado laboral. No período entre 2014 e 2020 o incremento porcentual foi de 13 puntos. 

MELLORA DAS CIFRAS

Destas 600.000 persoas empregadas no conxunto do Estado, un 56% son homes e unhas 44% mulleres, sendo estas últimas as que maior crecemento tiveron en 2020 (8%). Por tramos de idade, teñen un maior peso na poboación activa os maiores de 45 anos e por nivel de estudos, os que teñen estudos secundarios.

As cifras dan como conclusión que "nunca [no Estado] traballaron tantas persoas con discapacidade como en 2020", superándose o medio millón de ocupados con discapacidade no devandito ano. Con todo, a cifra segue a distancia dunha auténtica integración, que pasaría tamén por fomentar a inclusión das mulleres con discapacidade en dito mercado. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta