As debilidades da democracia

Cando no canto da racionalidade mandan os impulsos máis primitivos, o que acontece non debe extrañarlle a ninguén. Feijoo, o presidente da Xunta e mandamais do PP galego, deixouno clariño dado que xa percibia quen era o persoeiro: Jácome será letal para Ourense, dixo.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 18/02/2022

Comparte esta noticia

E non se equivocou. Claro que,  o máis triste é que, quen isto afirmou, agora plégase ante o  Sr. Baltar Junior e traga iste sapo. O presidente provinvcial non  quere darlle á alcaldía á forza que gañou as eleccións, nin porlle fin a iste desatino.  E non sabe como saír desta lea  que,  día a día,  amosa un triste espectaculo que enmerda a  vida local desta Auria. 

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Pero como a moción non chega e,  despois  de maio, xa non se pode facer, a situación seguirá empeorando  e xa veremos onde nos leva. Polo que, soamente queda que os edís empezen a gorrazos contra un señor que disfruta  facendo acusacións sen fundamento  e expulsando ó insultado  do pleno. E faino  como se fora un neno que xoga co poder. Como se fora un rapaz que disfruta tentando que cale á oposición   cando  non está dacordo cos seus caprichos e parvadas.

12 mil e pico votos apoiaron ó grupo que naceu do conto e do insulto permamenente  nos plenos e nun medio audiovisual. Sí, doce mil e pico.   Denunciar e dicir que no Concello todos roubaban era a única mensaxe.  E milleiros de inxénuos, e algúns dos que dicían:  dale caña Gonzalo!!!,  viron a un salvador que prometía o ouro e o mouro. E a  democracia, ese réxime fermoso que ten moitas  debilidades, quedou enmerdado neste Ourense. E agora,  somos o faime rir en todo o Estado. Cantas cousas máis  teñen que acontecer pra que se pare este esperpento? A democracia amparada na liberdade  permítelle   ós seus  enemigos estar dentro co afán de desfacela e pervertila. E ten pouca capacidade pra actuar contra os individuos que non amosan cultura, nin educación e que carecen de ética e principios.

Con todo, agora que a Deputación xa está amarrada  neste mandato, non atino a pensar por  que os populares non teñan a valentía de facilitar unha moción que poña  fora da alcaldía a quen,  aproveitando o posto, insulta e agrede de palabra a un concelleiro desa corporación. E o máis triste é que segundo dixo o presidente procincial  a culpa tamén é da oposición.

De todos os alcaldes habidos en democracia nesta cidade, nunca  houbo un que traspasara tantas liñas co seu insulto e desvario. Nunca houbo unha persoa que maltratara á institución desta maneira. Non sei cal será  a reacción dos ourensás cando sexan chamados a votar de novo. Mais votar por impulsos e por cabreos lévanos a cometer moitos erros. Por iso que, moitas veces,  doe escoitar nas conversas que   todos son iguais e que  todos  teñen a culpa da situación actual. Todos non.

En fin,  as debilidades da democracia son moitas. Por iso, cando a racionalidade queda supeditada ós impulsos máis primitivos, pasan estas cousas, e aparecen os pufos vestidos de caudillos e salvadores. Aprendamos do presente pra non  errar outra vez máis.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com