Os pacientes con covid poderán ter un acompañante, que levará EPI e non poderá usar a cafetaría

Nas Unidades de Coidados Intensivos, o protocolo indica que se desenvolverá o mesmo réxime de acompañamentos que estaba establecido antes da pandemia a condición de que o paciente non teña covid-19, nese caso, as normas serán as mesmas que na planta de hospitalizados con covid.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2022 | Actualizada ás 20:52

Comparte esta noticia

O Sergas actualizou o protocolo de visitas nos hospitais galegos, o que inclúe novidades específicas para os pacientes con covid-19. A partir de agora permitirase o acceso dun acompañante por paciente, que deberá ter o certificado covid, accederá á habitación cun equipo de protección individual para o coronavirus e non se poderá desprazar a outras unidades hospitalarias ou á cafetaría do centro.

Nun comunicado, o Sergas sinalou que no caso dos pacientes con covid-19, non poderán estar acompañados por persoas que teñan síntomas compatibles coa enfermidade ou que estivesen en contacto cun caso positivo nos últimos 10 días. Ademais, preferiblemente, o acompañante non debe pertencer a un grupo de risco (maiores de 70 anos, persoas con patoloxías crónicas ou inmunocomprometidos).

Por outra banda, nas unidades de hospitalización convencionais, o protocolo permite a presenza dunha visita por cada paciente ingresado. En canto aos acompañantes, poderán ser dous, que poden alternar entre eles, pero que, en todo caso, só un poderá permanecer na habitación.

UCIS E URXENCIAS

Nas Unidades de Coidados Intensivos, o protocolo indica que se desenvolverá o mesmo réxime de acompañamentos que estaba establecido antes da pandemia a condición de que o paciente non teña covid-19, nese caso, as normas serán as mesmas que na planta de hospitalizados con covid.

En canto ás Urxencias, o Sergas explicou que os pacientes sen coronavirus poderán estar acompañados en todo momento por unha persoa, pero os que si teñan infección activa, terán un tempo limitado durante o período de observación e o acompañante terá que acceder cun equipo de protección individual.

Tamén en consultas externas e nos centros de atención primaria está autorizado un acompañante por paciente. Este protocolo actualízase pouco despois da denuncia dun familiar dunha muller ingresada por outra patoloxía no hospital Álvaro Cunqueiro, que deu positivo en covid, e que, segundo denunciou o seu fillo, non puido estar acompañada ata o tramo final e non se puideron despedir dela.

Centro de saúde, atención primara / Europa Press. / Europa Press
Centro de saúde, atención primara / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta