A Xunta reinvindica que o canon eólico "non é un imposto á electricidade" e grava a "afectación ambiental"

O BNG solicitou ao Executivo galego que dialogue cos municipios para que os complexos eólicos teñan un maior retorno económico en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2022 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia reivindicou que o canon eólico "non é un imposto á electricidade de orixe renovable" e subliñou que nos últimos 12 anos desde que foi posto en marcha recadou 273 millóns de euros. Así o sinalou a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, durante a Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos, onde subliñou que a finalidade "clara" dese gravame é "ambiental" e non se trata dun imposto á xeración de enerxía eólica.

Uría destacou que a intención do canon eólico é gravar a afectación e o impacto visual sobre o medioambiente dos aeroxeradores que se instalan en Galicia, polo que os ingresos que deste imposto se obteñen non dependen da cantidade de enerxía que se produce.

Todo iso tras unha pregunta da deputada do BNG Noa Presas en relación á valoración do Goberno galego sobre o canon eólico. A nacionalista lamentou que ano a ano a recadación deste tributo é inferior e que a Xunta debería facer "cambios" para impedilo. Tamén solicitou ao Executivo autonómico que dialogue cos municipios para que os parques eólicos teñan un maior retorno económico en Galicia.

Ante isto, Uría defendeu que estas instalacións supoñen máis de 580 millóns de euros do Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia e xera máis de 7.000 empregos na Comunidade.

Paula Uría, directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.. PARLAMENTO DE GALICIA
Paula Uría, directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta