O BNG pide á Xunta que "baixe da torre de marfil" e interprete tamén os datos "negativos" do mercado laboral

A Xunta defende os datos de 2021 nos que "todos os indicadores foron positivos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2022 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) pediu á Xunta que "baixe da torre de marfil" e faga "autocrítica" e que interprete tamén os datos "negativos" do mercado laboral galego e non só as cifras positivas. Así o sinalou o deputado nacionalista Daniel Pérez López durante a súa pregunta na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos, onde manifestou a súa preocupación sobre a caída da poboación activa de Galicia.

Pérez López lamentou que, ademais de que cada vez hai menos galegos en idade de traballar, os que quedan son "máis vellos". Na súa intervención, tamén puxo sobre a mesa que o descenso do desemprego en Galicia foi en 2021 inferior á media de toda España.

Pola súa banda, a directora xeral de Formación e Colocación Laboral, Zeltia Lago, destacou o traballo que está a facer a Xunta en materia de formación para optimizar os perfís profesionais dos galegos e así dar resposta ás demandas do mercado laboral actual. Tamén reivindicou os "bos datos" de 2021, no que "todos os indicadores do mercado laboral foron positivos", incrementándose a poboación activa, a ocupación e baixando o paro, segundo cifras da Enquisa de Poboación Activa (EPA).

A pesar de recoñecer que "aínda queda moito por facer", tamén quixo subliñar que en 2020, a pesar da pandemia, Galicia mantivo o seu saldo migratorio en positivo, con 14.600 persoas máis que chegaron á Comunidade en comparación coas que saíron. Sobre isto, explicou que a chegada de persoas de fóra das fronteiras nacionais subiu "a pesar das fortes restricións" e tamén aumentaron as entradas desde outras Comunidades españolas.

Zeltia Lago, directora xeral de Formación e Colocación Laboral.. PARLAMENTO DE GALICIA
Zeltia Lago, directora xeral de Formación e Colocación Laboral.. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta