Bernardo Fernández chama aos socialistas coruñeses a ampliar os "resultados históricos" das municipais de 2019

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2022 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, foi proclamado este sábado como novo secretario provincial do PSOE da Coruña, no IX Congreso Provincial, no que chamou aos seus a ampliar os "resultados históricos" obtidos polos socialistas nas municipais de 2019.

"Temos que, como mínimo, revalidar os resultados históricos das municipais de 2019, onde alcanzamos por primeira vez máis alcaldías que o Partido Popular incluídas as das grandes cidades e da presidencia da Deputación", sostivo na súa intervención na cita política celebrada en Santiago de Compostela.

Bernardo Fernández considerou que o PSOE coruñés ten que "ambicionar" alcanzar aínda "máis alcaldías" e "máis concelleiras e concelleiras". "Porque esa vitoria nas eleccións municipais será a mellor garantía dunha sociedade moito máis xusta e de poder aplicar ese ideario socialista que nos diferencia e fainos mellores que aqueles que entenden a política que como algo que está ao seu servizo", sostivo.

E é este será, dixo, "o mellor alicerce" no que pór base ao cambio que necesita Galicia tras "anos de retroceso e de parálise do PP". "E ese cambio estou convencido que vai chegar da man de Valentín González Formoso no ano 2024 cando sexa presidente da Xutna", subliñou.

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva; o alcalde de Pontedeume e líder provincial, Bernardo Fernández; o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso; e a deputada autonómica Noa Díaz, quen competiu en primarias con Bernardo Fernández. PSDEG
A presidenta do PSdeG, Carmela Silva; o alcalde de Pontedeume e líder provincial, Bernardo Fernández; o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso; e a deputada autonómica Noa Díaz, quen competiu en primarias con Bernardo Fernández. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Para ampliar a base municipal será preciso bloquear as contas da cidadanía, como fai a Presidenta do PSdG ? https://twitter.com/00Memoria/statu...