Activada a alerta laranxa este luns por temporal costeiro no litoral de Lugo e A Coruña

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2022 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou unha alerta laranxa para este luns por temporal costeiro no litoral de Lugo e A Coruña.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase mar combinado do noroeste, con ondas de cinco a seis metros que afectará o noroeste e oeste da provincia da Coruña e á costa de Lugo. En concreto, segundo informou a Vicepresidencia primeira da Xunta, empezará a partir das 4,00 horas deste luns na Coruña e a partir das 15,00 horas en Lugo.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, de diques, rompientes e paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realziar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ondas na praia de Razo, en Carballo (A Coruña)
Ondas na praia de Razo, en Carballo (A Coruña) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta