Brais, con Síndrome de Angelman, recibe a solidariedade de Noalla

Un partido de fútbol recadou diñeiro para o veciño desta localidade.

Por Galicia Confidencial | Noalla | 20/02/2022 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

O Noalla Sociedade Deportiva e o Sport 2017 organizaron este domingo unha xornada solidaria a favor da Asociación do Síndrome de Angelman, en especial atención a Brais, un neno da localidade que padece esta enfemedade rara.

Durante toda a xornada cobrouse unha entrada de 3 € a todo o público que acudíu aps distintos encontros organizados pola S.D. Noalla e Sport 2017. O día transcurreu con gran afluencia de xente solidaria co seu veciño Brais, o cal fixo o saque de honra dos 4 partidos celebrados neste día.

Partido en Noalla polo síndrome de Angelman
Partido en Noalla polo síndrome de Angelman | Fonte: remitida

"Dende a familia agradecemoslle ao Noalla Sociedade Deportiva e o Sport 2017, polo esforzo realizado para preparar esta xornada solidaria con sorteos durante os partidos, a todos os asistentes; así como, a todas as persoas,que o pasado Martes 15 de Febreiro, Día Internacional do Síndrome de Angelman, se involucraron para darlle visibilidade, colocando decoración de cor azul nas súas casas  e/ou vestíndose de azul, cunha especial mención os vecinos de Noalla", indica a familia nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta