CCOO critica que o preacordo do convenio das conservas "perpetúa a fenda salarial de xénero"

Foi aceptado por UGT e CIG.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/02/2022 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

Comisións Obreiras criticou este luns que o preacordo alcanzado o pasado xoves entre a patronal e a Federación de Industria, Construción e Agro de UGT e a CIG sobre o contido do convenio colectivo de conservas de peixe "perpetúa a fenda salarial entre homes e mulleres e minusvalora o seu traballo".

Conserveira.
Conserveira.

A secretaria xeral de CC OO en Galicia, Amelia Pérez, argumentou que no sector das conservas hai dúas categorías profesionais con "funcións similares", pero que "a que ten mellor retribución é ocupada maioritariamente por homes, mentres que a peor ocúpana mulleres".

Amelia Pérez sinalou na rolda de prensa de presentación do Día Internacional da Igualdade Salarial que "cando hai que comprometerse coas mulleres é na negociación do convenio" e remarcou que o mellor para solucionar o conflito é "un acordo de equiparación para que a igual traballo, igual salario".

O preacordo asinado por UGT e CIG a semana pasada recolle, entre outras cousas, unha alza salarial do 6,5% con carácter retroactivo e pago de atrasos desde 1 de xaneiro de 2021, e unha subida do 1% con cláusula ao IPC Real (interanual) para 2022 e un incremento do 1,5% con cláusula ao IPC Real (interanual) para 2023 e 2024.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta