Temas: I+D

Unha compañía galega patenta un "innovador" biodisolvente de aceite de xirasol

Queren que sexa alternativa aos produtos petroquímicos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/02/2022 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

A empresa galega Drovi creou un biodisolvente a base de aceite de xirasol como alternativa aos produtos petroquímicos xa que, ata o momento, os disolventes baseábanse nos "ésteres metílicos do aceite de soia", unha materia prima abundante en países de América e Asia, pero escasa en España.

Persoal da empresa DROVI. INCIS - Arquivo
Persoal da empresa DROVI. INCIS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Segundo informa a empresa a base do novo produto supón unha "importante innovación" fronte ás investigacións realizadas ata agora pola comunidade científica. Ademais, trátase dun composto "sustentable e que evita a dependencia dos mercados internacionais".

Con este novo biodisolvente aseguraron que se potencian as materias primas renovables "en liña cos intereses europeos en materia de medio ambiente", fronte aos disolventes industriais convencionais que proveñen maioritariamente do petróleo.

Sobre a súa eficacia, Drovi asegura que se comprobou que "os biodisolventes teñen unha eficacia equiparable aos compostos pertroquímicos".

A compañía rexistrou a patente, que é o resultado do proxecto NewBiosol, cofinanciado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e no que tamén colaborou o equipo de asesoramento en I+D da Fundación Empresa UniversidadGallega (FEUGA) e o grupo de investigación de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo.

Temas: I+D
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta