A futura lei da auga "non prevé cobrar ningún tipo de servizo non prestado", segundo a Xunta

A Xunta lembra que o canon da auga, creado en 2010, grava o consumo de auga pola afectación ao medio ambiente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2022 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade aclarou, a través dun comunicado e raíz do informe do Consello Económico e Social (CES), que a futura lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga "non prevé, en ningunha circunstancia, o cobre por parte de Augas de Galicia de ningún tipo de servizo non prestado".

Na mesma nota aclaratoria, lembra que o abastecemento da auga "é competencia local e o cobro polos servizos que prestan os concellos, realízanse a través das ordenanzas municipais". Así, sinala que o anteproxecto de lei "non altera competencias, ofrece unha alternativa voluntaria de xestión, a través de Augas de Galicia", para os concellos que non atopen un modo adecuado de prestar servizos doutro xeito".

Sinala que Augas de Galicia non cobra na actualidade ningunha taxa por servizos non prestados e apunta que a mención que fai o CES a que o actual marco legal existe a posibilidade de cobrar o abastecemento a persoas e entidades con captacións propias "non está referida concretamente ao anteproxecto de lei en tramitación, senón ao existente".

A Xunta lembra que o canon da auga, creado en 2010, grava o consumo de auga pola afectación ao medio ambiente. Tanto na actualidade como na futura lei, di a Xunta, están exentos os usos agrícolas, forestais e gandeiros, "sempre que non exista unha contaminación de carácter especial".

Así, a Xunta explica que na lei que se está redactando regúlase o canon de abastecemento, unha "taxa que se aplicará unicamente naqueles supostos nos que Augas de Galicia actúe como entidade fornecedora do servizo de subministración", coa solicitude voluntaria e expresa do concello. Neste caso, a taxa substituirá a que viña aplicando o municipio polo servizo de abastecemento.

Insiste en que o canon de abastecemento só cobraráselles aos ayuntamientnos que pidan voluntariamente que a Xunta asuma a xestión, municipios nos que "tampouco se lles cobrará" ás explotacións agrícolas e gandeiras ou ás persoas e entidades con captacións propias.

"É importante que quede claro que nesta lei só contémplase que se cobre polos servizos que realmente se presten por Augas de Galicia e nunca aos usuarios que non se beneficien deles", asevera a Consellería que dirixe Ethel Vázquez.

Así as cousas, a Xunta defende que o borrador desta lei "desde a súa primeira versión, respecta escrupulosamente a ampliación dos principios da directiva marco da auga". En todo caso, ten unha tramitación "complexa", admite, con "revisións escrupulosas dos órganos de control existentes", que "aseguran que o texto que se eleve ao parlamento será o suficientemente clara en todos os seus aspectos".

ALGUNHAS DAS CUESTIÓNS DO CES

Entre outras cuestións, no seu informe, o CES reclama á Xunta quela "normativa debería clarificar se a aplicación dos canons supón un incremento da carga financeira qeu tanto os concellos como a cidadanía teñen que soportar".

Precisamente, esta cuestión é unha das principais denuncias que realizaron nas súas alegacións os concellos durante o proceso de exposición pública. Ademais, o CES tamén considera "imprescindible" que a normativa "garanta" que parte dos importes económicos recadados pola prestación de servizos de xestión da auga (canons) "revertan sempre na mellora do servizo e das infraestruturas necesarias para a súa prestación".

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, responde na comisión 2ª. XOÁN CRESPO
A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, responde na comisión 2ª. XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta