Un accidente de tráfico en Ames deixa catro feridos, un deles de gravidade

As vítimas foron trasladadas ao Clínico de Santiago tras sufrir unha saída de vía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2022 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

Catro persoas foron evacuadas ao Hospital Clínico de Santiago tras un accidente de tráfico rexistrado na mañá deste martes ao saír da vía o vehículo no que circulaban no termo municipal de Ames. Segundo informou o 112 Galicia, o servizo de emerxencias tivo coñecemento doutro accidente na estrada DP-0205, ao seu paso por Bugallido, no municipio de Ames, no que resultou ferida de gravidade unha persoa, unha muller.

Este sinistro ocorreu ás 10,30 horas deste martes cando o vehículo implicado sufriu unha saída da vía con catro persoas a bordo. Ao lugar do accidente acudiu persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e membros do GES de Brión e de Protección Civil da localidade. En concreto, o 061 desprazou dúas ambulancias de soporte vital básico para atender ao catro persoas, todas elas levadas ao Hospital Clínico; unha muller de 42 anos, A.D.A., e outra de 58, R.R.S.R.; así como dous homes, P.V.P.E., de 54 anos, e S.G.S., de 21, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo
Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta