Crise PP: os conselleiros da Xunta gardan silencio sobre o futuro de Feijóo e a súa posible sucesión

Comesaña, Ángeles Vázquez, Lorenzana e Quintana amosan "preocupación" pola situación do PP pero evitan pronunciarse sobre os plans do presidente da Xunta e quen sería o escollido para sucedelo á fronte do partido. Manuel Baltar apela a reconducir a crise no PP internamente e xa non remarca o seu apoio a Casado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2022 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

Tremor de terra político no PP tras o abandono de boa parte dos líderes territoriais a Pablo Casado. Nesta circunstancia, a proposta de Núñez Feijóo como novo líder estatal da formación popular gaña forza, unha circunstancia que vén de aproveitar o propio presidente da Xunta ao poñerse á disposición do partido e apuntar que este precisa "cambios" e "novos horizontes".

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en rolda de prensa este mércores 26 de xaneiro. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en rolda de prensa este mércores 26 de xaneiro. XUNTA | Fonte: CONCHI PAZ

Así, durante a mañá, nas oficinas administrativas de San Caetano véñense sucedendo comentarios da banda dos conselleiros autonómicos do poltícos dos Peares, todos eles nunha mesma orde. Os altos cargos da Xunta e o PP galego destacan a súa preocupación pola situación actual do PP e piden unha reconstrución urxente, pero sen esclarecer cal pode ser o futuro de Feijóo neste proceso nin quen estaría chamado a suceder a actual líder á fronte do partido.

"PREOCUPACIÓN" E MUTISMO

As declaracións comezaron da man da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ángeles Vázquez, quen considerou necesario deixar as "bromas", os "enfrontamentos" e os "personalismos" no Partido Popular e "liquidar a situación". "A verdade é que estamos nun momento complicado os afiliados de base do PP e este tema hai que resolvelo canto antes", sostivo ao ser preguntada pola crise interna que atravesa o Partido Popular tras o enfrontamento do presidente do PP, Pablo Casado, e a titular da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso.

Con todo, preguntada sobre como afectaría un posible paso adiante no partido por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ao Goberno galego, rexeitou valorar este asunto ao asegurar que "iso non é o que toca agora mesmo". "Descoñezo totalmente o que vai suceder os próximos días, pero o único que pido como afiliada do PP é que se solucione xa", incidiu.

Na mesma liña se manifestou a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, quen apuntou que a situación que atravesa agora mesmo o Partido Popular debe resolverse "o máis rápido posible" e "con cordura e sensatez". Lorenzana non quixo falar de futuro, pero cuestionada sobre como se atopaba neste momento o Goberno galego asegurou que son un Executivo "unido e que continúa traballando coa súa axenda". Ante preguntas dos xornalistas nun acto do 'Día Europeo pola Igualdade Salarial entre Mulleres e Homes', a conselleira tampouco quixo pronunciarse sobre os nomes que soan para substituír ao presidente Feijóo no caso de que decida dar o salto a Madrid: "Non estamos nesa situación agora mesmo".

A estas uníronse as mesmas evasivas da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen declinou facer comentarios sobre o futuro de Feijóo e hipotética posición do PP galego sen el, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Este amosouse tamén "preocupado" pola situación que atravesa o PP a nivel nacional, aínda que non se pronunciou sobre a posibilidade de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, substituír a Pablo Casado e as consecuencias en Galicia.

Nun acto no centro de saúde de Illas Canarias, interpelado pola posibilidade de que Feijóo se vaia a Madrid, limitouse a sinalar que ía falar "como militante do Partido Popular". Respecto diso, mostrouse "preocupado pola situación que estamos a vivir". "E o que queremos todos os militantes é que esta situación se arranxe o máis rápido posible", apuntou.

"Máis aló diso, vanme a permitir non opinar sobre o que o presidente Feijóo, co bo criterio que ten sempre, teña decidido ou vaia a facer", sentenciou. Ante a insistencia pola "experiencia" do presidente galego que podería trasladar a Génova, Comesaña insistiu en que non ía opinar sobre iso. "Non toca", resolvía.

BALTAR

O presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, apelou este martes a reconducir no ámbito interno a crise creada no PP a raíz do enfrontamento entre a dirección nacional encabezada por Pablo Casado, e a titular da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso.

Baltar asegurou que hai "tranquilidade" nos cargos orgánicos ourensáns, á vez que fixo un chamamento á "responsabilidade" para que este tipo de cuestións "se resolvan no ámbito interno". "Dentro dos órganos do partido, que para iso se lles deu lexitimidade nun congreso", apostilou.

Apelou tamén ás "canles orgánicas" establecidas para solucionar esta situación, pero evitou xa un apoio expreso a Casado, cuxa dimisión suxeriron ou pediron publicamente boa parte dos principais 'pesos' do partido.

Máis contundente fora a finais da semana pasada, pouco despois de estalar a crise entre Casado e Ayuso, cando subliñou que Casado fora elixido polos militantes nun congreso e, en consecuencia, tiña a súa "lealdade".

Este martes, reivindicou que España "necesita o PP e unha alternativa de Goberno" e, tras recalcar que o partido "forma parte do PP europeo", mostrouse convencido de que será posible "manexar e resolver a situación" e presentar unha proposta aos españois nas eleccións xerais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta