Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2022 | Actualizada ás 19:48
O Plan de Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar nos centros educativos recuperou este curso as actividades presenciais tras a pandemia con máis de 1.300 accións formativas nas que destacan as novas tecnoloxías e o acoso escolar como temas centrais.
Diso informou a Delegación do Goberno nun comunicado, no que explica que o delegado, José Miñones, participou este martes na primeira reunión en formato presencial nos últimos dous anos sobre este plan.
"Nestes dous anos de pandemia quero recoñecer o esforzo da comunidade educativa. Tamén o traballo das forzas de seguridade, que seguiron traballando na formación en seguridade do alumnado, mestres e pais e nais a pesar das circunstancias", remarcou Miñones.
Segundo sinalou, tívose que adaptar o traballo ás circunstancias sanitarias, aos peches de aulas, aos períodos de interrupción das clases. "Circunstancias que, en parte, seguen a día de hoxe", lembrou o delegado, que resaltou que "nos últimos dous anos a covid afectou o número de actuacións organizadas no marco deste plan pero non diminuíu o interese da comunidade educativa por elas".
Nesta liña, agradeceu a implicación da comunidade e autoridades educativas, así como das forzas de seguridade para que a educación nos centros de Galicia sirva para "os fins que debe ter: garantir o progreso da cidadanía e da nosa democracia".
Na reunión deste martes participaron o xefe de Área de Alta Inspección Educativa da Delegación do Goberno, Manuel Regueiro; as xefas de Unidades de Violencia sobre a Muller de Galicia e do catro provincias, membros do Corpo Nacional de Policía e Inspección Educativa da Xunta.
REACTIVACIÓN
En concreto, durante o primeiro trimestre deste curso participaron no programa preto de 500 centros de toda Galicia: 152 da provincia da Coruña, 120 de Lugo, 46 de Ourense e 178 de Pontevedra.
Os equipos especializados de Policía e da Garda Civil realizaron nestes centros 1.364 actividades de formación e de prevención. Participaron nestas actividades 24.121 mentres da comunidade educativa, dos que 22.500 eran alumnos e alumnas e o resto, profesorado de pais e nais. "Os datos non poden ser mellores", destacou o delegado.
A maior parte das charlas estiveron centradas nas novas tecnoloxías, que protagonizaron o 44% do total de actividades. Séguenlle o acoso escolar e a violencia de xénero.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.