"Sabotaxe" aos camións do lixo na Coruña: aparecen con cristais rotos e rodas picadas

Algunhas rúas amenceron con residuos sen recoller. O Concello anuncia que denunciará ante a Policía Nacional e esixe á adxudicataria que garanta o servizo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2022 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

Gran parte da frota de camións de recollida de lixo da Coruña apareceu este mércores con rodas picadas e cristais rotos. O Concello da Coruña condenou, nun comunicado, a "sabotaxe" aos camións de recollida de lixos e anunciou que "denunciará" ante a Policía Nacional os feitos para que os autores respondan os danos.

Por outra banda, o goberno local esixiu á adxudicataria que garanta a limpeza, xa que, ao non poder completar o servizo durante a noite, algunhas rúas amenceron con residuos sen recoller. O consistorio considera "intolerables" os actos vandálicos e de "sabotaxe" que durante a pasada madrugada causaron danos en parte da frota de camións de recollida de lixo.

En consonancia, anunciou que presentará unha denuncia por estes feitos na Policía Nacional para que os responsables "paguen polos danos causados", e solicitará que se abran dilixencias de investigación para que a xustiza "actúe co máximo rigor" a quen atentou contra un servizo público esencial.

PETICIÓN Á CONCESIONARIA

Camións de lixo
Camións de lixo | Fonte: Ferrovial

Ademais, o concello solicitará á empresa concesionaria que tome todas as "medidas necesarias" para "garantir a correcta prestación" do servizo. O executivo mostra o seu "máis absoluta condena" contra uns actos que "non teñen ningunha xustificación" e que revisten un "claro carácter delituoso". O goberno local asegurou que porá "todos os medios" para atallar tales comportamentos, para garantir o servizo e para "axudar na identificación" dos responsables de "semellante acción", co fin de que respondan os seus actos ante a Xustiza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta