Baixan de 600 os casos de Covid nas residencias galegas

Son, en concreto, 123 menos que hai unha semana.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2022 | Actualizada ás 15:57

Comparte esta noticia

Os casos de Covid-19 nas residencias de maiores e de persoas con discapacidade en Galicia descenderon en 123 con respecto a hai unha semana, ao rexistrar 548 persoas infectadas, fronte ás 671 rexistrados o mércores anterior. Así se reflicte nos datos actualizados este mércores pola Consellería de Política Social, recollidos por Europa Press, que facilitada unha vez por semana e agora unicamente por área sanitaria e en conxunto entre centros de maiores e de discapacidade.

Con máis casos activos destaca a área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, con 132 usuarios contaxiados, que supoñen dous menos que os 134 rexistrados hai unha semana. Séguelle a área de Ourense, Verín e O Barco con 131 usuarios con Covid-19, que implican 14 menos que os 145 contabilizados o pasado 16 de febreiro. A continuación sitúase a da Coruña e Cee con 92 infectados, que implican 148 menos que os 240 da semana anterior.

En cuarto lugar destaca a área de Santiago e Barbanza, na que soben a 60 os usuarios contaxiados de Covid-19, que constitúen 24 máis que os 36 do mércores anterior. A continuación a área de Pontevedra e O Salnés rexistra 58 usuarios con Covid-19, que representan 23 máis que os 35 rexistrados hai unha semana; mentres que na de Vigo descenden a 49 os contaxiados, 23 menos que os 72 do mércores anterior.

E á cola mantense a área sanitaria de Ferrol, con 26 usuarios contaxiados en residencias de maiores e de persoas con discapacidade, que implican 17 máis que o nove de hai unha semana.

Residencia de maiores do Incio.. CONCELLO DO INCIO/ALBERTO LOPEZ - Arquivo / Europa Press
Residencia de maiores do Incio.. CONCELLO DO INCIO/ALBERTO LOPEZ - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta