O entroido de Verín no programa de RTVE 'Mejor contigo'

O 25 de febreiro, a través deste programa, poderase ver en directo como o reporteiro Fede Arias, acompañado de Cigarróns e autoridades locais, é nomeado Capuchón de Verín 2022 na Praza do Concello de Verín.

Por X.M. Fernández | Verín | 24/02/2022 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

Días atrás , o programa de RTVE "Mejor Contigo" daba conta do nomeamento como "Capuchón 2022" dun dos seus colaboradores, o reporteiro Fede Arias. Foi un momento no que o Entroido de Verín tivo presenza mediática xa con esa noticia.

Fede Arias vendo unha máscara de Cigarrón. Foto: Prensa Concello de Verín
Fede Arias vendo unha máscara de Cigarrón. Foto: Prensa Concello de Verín

O Concello de Verín outorgaralle dita mención honorífica en recoñecemento ao seu traballo visibilizando a riqueza cultural dos pobos e municipios do noso país e farao oficialmente este venres 25 de febreiro.

A través do programa “Mejor Contigo” de Radio Televisión Española poderase ver en directo a Fede Arias, quen, recibido por varios cigarróns, será nomeado “Capuchón de Verín 2022” polo alcalde, Gerardo Seoane, e pola concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, na Praza do Concello de Verín.

O acto, que dará comezo ás 12:30 horas, estará aberto ao público pero con aforo controlado, mantendo en todo momento as medidas de seguridade necesarias que esixen os actuais protocolos anticovid vixentes decretados pola consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta