Bodega Martín Códax distinguida como modelo empresarial en materia de igualdade

A plantilla da empresa está conformada por un 46% de homes e un 54% de mulleres.

Por Galicia Confidencial | Cambados | 25/02/2022 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

Con motivo do Día Europeo da Igualdade Salarial, Bodegas Martín Códax participou nun acto organizado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia celebrado en Santiago de Compostela, distinguida como modelo empresarial en materia de igualdade nun foro onde se compartiron experiencias e boas prácticas dentro das organizacións.

Bodega Martin Codax
Bodega Martin Codax | Fonte: martincodax.com

Neste sentido, Bodegas Martín Códax deu grandes pasos desde a súa fundación en 1985 nun ámbito tradicionalmente percibido como moi masculinizado, converténdose hoxe en día nun referente en materia de igualdade dentro do sector vitivinícola.

Durante o acto, púxose en relevo o cumprimento por parte da empresa do principio de “a igual traballo igual salario”; ademais da xornada flexible, a redución de xornada e o teletraballo como medidas implantadas dentro do Plan de Igualdade no seo da empresa.

Estes principios están orientados a facilitar a conciliación nun persoal na que actualmente o 34% ten fillos menores de 12 anos e está conformada por un 46% de homes e un 54% de mulleres respectivamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta