Detidos cinco integrantes dun grupo criminal que distribuía cantidades importantes de droga na Coruña

O rexistro nunha vivenda sáldase con máis de 20 quilos de haxix, 560 euros e cinco básculas de precisión, entre outras incautacións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2022 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron na Coruña a cinco homes, integrantes dun grupo criminal que se dedicaba á venda e distribución de cantidades "de notoria importancia de haxix" na área da cidade da Coruña. Esta investigación iniciouse a mediados de 2021, por mor dunha denuncia por lesións e ameazas, que podía encaixar co que policialmente se coñece como 'envorco', é dicir, un roubo ou axuste de contas entre traficantes de drogas.

Nese momento interveuse un anaco de haxix disposto en formato tableta, marcado cun adhesivo das que usan este tipo de organizacións para identificar as súas sustancias, o que abriu unha posible vía de investigación, segundo explica a Policía.

O sábado 19 de febreiro, froito dos labores de investigación realizadas pola Udyco da Brigada Provincial de Policía Xudicial, púidose determinar que os implicados "estarían a regresar dunha viaxe proxectada para a adquisición de haxix".

Por iso, de madrugada, no momento da súa chegada á cidade da Coruña, interceptáronse dous turismos; e detívose aos ocupantes. Un deles tentou darse á fuga co vehículo de forma violenta, o que causou lesións a un dos axentes.

REXISTRO VIVENDA

De forma consecutiva materializouse, con autorización xudicial, un rexistro na vivenda da que dispuñan para almacenar as sustancias. Nela localizáronse máis de 20 quilos de haxix repartidos en 1033 envoltorios, 560 euros, cinco básculas de precisión, moldes, adhesivos identificativos, así como numerosos envoltorios e plásticos para almacenaxe.

A estrutura delituosa contaba cun principal investigado, con antecedentes por delitos contra a saúde pública, situado na cúspide da organización, quen se encargaba de conseguir o haxix e se apoiaba en polo menos outras tres persoas con funcións claramente definidas.

Unha delas xestionaba os labores de loxística, conseguindo vivenda para alixar a mercadoría, así como vehículos, un segundo era o repartidor/transportista da droga e a terceira persoa desempeñaba labores de seguridade. Todo iso supervisado en primeira persoa polo xefe do grupo, que contaba cun socio investidor, como último integrante desta estrutura.

A pesar das extremas medidas de seguridade adoptadas por todos os seus integrantes, os cinco foron detidos ao longo de catro días, contando, catro deles xa con antecedentes policiais, e foron postos a disposición xudicial.

Rexistro vivenda nunha operación contra o tráfico de droga, con cinco detidos. POLICÍA NACIONAL
Rexistro vivenda nunha operación contra o tráfico de droga, con cinco detidos. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta